Ir o contido principal
iniciar sesión

NadalOcio 2005 no Recinto Feiral de Pontevedra

 Delfín: a partires de 2 anos
 Casa de pelotas: a partir de 1 ano
 Fantasía: a partires de 5 anos
 Tobogán saltarín: a partires de 5 anos
 Futbolín humano: a partires de 8 anos
 Circuito de karts: a partires de 8 anos
 Pista americana: a partires de 8 anos
 Touro mecánico. A partires de 5 anos
 Supergum: a partires de 7 anos
 Obradoiro de maquillaxe: todas as idades
Todas as actividades constan de monitor.
Ademais os días 27, 28 e 29 de decembro contará cun circoludoteca, consistente nunha montaxe de grande vistosidade na que os participantes poderán aprender a manipular obxectos típicos do circo.
Constará das seguintes actividades:
 Obradoiro de malabares:
Os participantes nesta actividade elaboran con globos e area tres pelotas malabares, a partir de aquí comezarán unha progresión para aprender a xogar con elas.
Unha vez controlan as técnicas empezan a facer malabares con aros e mazas.
 Obradoiros de Zancos:
Neste obradoiro ensínase ós participantes a través dunha progresión de iniciación ó equilibrio sobre os zancos e técnicas para aprender a andar sobre eles.
 Obradoiro de Pratos Chinos:
Ensínase ós participantes as técnicas fundamentais para a utilización e equilibrio dos platos chinos así como de diferentes formas de poder xogar cos mesmos.

 Diavolo e paus de diávolo:
Ó igual que nos outros obradoiros se lles ensinan técnicas de iniciación ó xogo, e así como van progresando se lle van ensinando diferentes figuras que se poidan facer co mesmo.
 Equilibrios
Neste obradoiro os nenos e nenas teñen que facer equilibrios para realizar un percorrido máis ou menos largo no cal os participantes poden axudarse de outros obradoiros xa citados anteriormente. Así poden seguir o percorrido por exemplo, bailando os pratos chinos.
Aparte de todas estas actividades o circoludoteca inclúe o traballo taller de dous monitores fóra do recinto cerrado que se encargarían de levar a cabo un obradoiro de Globoflexia e outro de maquillaxe.
O prezo para acceder ao recinto é de 3 €. Con cada entrada farase entrega aos rapaces dunha bolsa de larpeiradas (caramelos, globos, etc). Sólo abonarán a entrada os rapaces de idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos. Os adultos non pagan.

Departamento de Prensa e Comunicación NadalOcio