Ir o contido principal
iniciar sesión

Cérrase o prazo de inscrición para o curso Animación 3D

Este curso, de carácter gratuito, que da comezo o 9 de xaneiro, rematando o 1 de febreiro, en horario de 16.30 a 19.30, cunha duración total de 40 horas impártese nas seguintes localidades, a través de videoconferencia:

 A Coruña: na Biblioteca Pública Miguel González Garcés.
 Lugo: na Aula de Productos Lácteos.
 Monforte de Lemos: no Edificio Multiusos.
 Ourense: no Edificio Administrativo de Presidencia.
 Ponteareas: no Centro de Desenvolvemento Local.
 Pontevedra: na Facultade de Ciencias Sociais.
 Redondela: no Edificio de Usos Múltiples.
 Ribeira: na Cofradía de Pescadores.
 Santiago de Compostela: na Facultade de Ciencias da
Información e no propio Centro Multimedia de Galicia.
 Verín: na Casa da Cultura do Concello.
 Vigo: na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de
Telecomunicación.
 A Estrada: no Edificio de Usos Múltiples.

A través do curso de “ANIMACION 3D” os alumnos recibirán unha explicación clara e precisa sobre as distintas técnicas englobadas no desenvolvemento 3D, amosándose os seus segredos a través de diversos traballos realizados por profesionais do ámbito galego, de xeito que, ao remate do curso, poderán entender a casuística que se agocha detrás dunha animación 3D.

Ademáis, os asistentes a este curso poderán participar nunha Xornada de Orientación Laboral que se levará a cabo o día 2 de febreiro na que unha Orientadora Laboral asesorará aos participantes sobre como realizar unha búsqueda activa de emprego exitosa en empresas do ramo multimedia.

Os interesados en participar neste curso poden inscribirse, antes do día 3 de xaneiro, a través da web do Centro Multimedia de Galicia (www.cmg.xunta.es) ou chamando ao número de teléfono 981 54 50 62. As prazas son limitadas.

Gabinete de Comunicación Azetanet