Ir o contido principal
iniciar sesión

Obra Social Caixa Galicia entrga unha furgoneta para o transporte de persoas con discapacidade a Fademga Feaps Galicia

; A sede de FADEMGA-FEAPS GALICIA en Santiago foi escenario da entrega por parte de Obra Social Caixa Galicia dunha furgoneta adaptada a FADEMGA-FEAPS GALICIA para o transporte de persoas con discapacidade intelectual.
O Subdirector de Obra Social, D. Martelo Iglesias, foi o encargado de facer a entrega do vehículo ao Presidente de FADEMGA-FEAPS GALICIA, D. Julio Cortiñas López. O acto tamén contou ca presenza da Responsable de Obra Social Caixa Galicia en Santiago, Dna. Patricia Maceira Villaverde, e o Xerente de FADEMGA, D. Antonio Fuentetaja.
Esta entrega é resultado da firma do convenio en setembro do 2005 entre ambas entidades polo que Obra Social Caixa Galicia concedeu unha furgoneta adaptada para o desprazamento de persoas con discapacidade a FADEMGA FEAPS GALICIA, Federación que engloba a máis de 40 entidades galegas que ofrecen os seus servizos a persoas con discapacidade intelectual. No momento da firma do convenio entre o Director Xeral da entidade, D. José Luis Méndez e o presidente de FADEMGA FEAPS GALICIA, D. Julio Cortiñas López, destacou a presenza do Vicepresidente da Xunta de Galicia, D. Anxo Quintana.
A colaboración que Obra Social Caixa Galicia ven mantendo con FADEMGA FEAPS GALICIA é constante e con esta nova furgoneta adaptada xa son 24 os vehículos que a entidade galega cedeu a FADEMGA dende o ano 2001 para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual dentro do proxecto “As barreiras do transporte ¡Que non te deixen na casa!”.
Este vehículo adaptado irá destinado a cubrir as necesidades de transporte de persoas con discapacidade no Servizo de Respiro Familiar que FADEMGA ofrece ás entidades federadas así como a Concellos galegos dentro do Programa de Apoio e Respiro Familiar (PARF).
Este Servizo de Respiro Familiar, que cada ano beneficioa a unha media de 135 persoas con discapacidade e a 132 familias, ofrece ás familias a posibilidade de que as persoas con discapacidade intelectual esteñan ó coidado de profesionais durante estancias curtas, longas, de fins de semana e apoios puntuais (canguros).
Cristina Díaz