Ir o contido principal
iniciar sesión

Diego Bello revalida a súa condición de campión de Galicia de cociñeiros

Javier Olleros Rodríguez, do Hotel Mar Atlántico de O Grove e Farid Farid Martínez de Pazo de Bendoiro de Lalín son así mesmo podio nesta edición, alcanzando o segundo e terceiro posto respectivamente.

Á final desta edición do Campionato Galego de Cociñeiros, convocado polo Grupo HG&T e esponsorizado polo Concello de Vila de Cruces e varias firmas, concorreron definitivamente oito dos dez finalistas convocados, entre os que se atoparon Jesús R. Poveda Rivera, do Hotel Husa Fragas do Eume-Casa Peizas (A Capela-A Coruña); Javier Sordo Sánchez, do Pazo de Adrán (Teo-A Coruña); Carlos Rodal Fraga, do restaurante Los Abetos (Nigrán-Pontevedra); Jorge García Fernández, do Mesón de Alberto (Lugo, Francisco Javier Torquati Díaz, da Rectoral de Ansemil (Celanova-Ourense. David Fariña Varela, do Hotel AC Palacio del Carmen (Santiago) e José Manuel Rodríguez Sánchez, do Restaurante Mar del Plata,(Vigo-Pontevedra) quedaron descualificados ó non comparecer en aplicación do regulamento.

O concurso consistiu na elaboración de dúas receitas libres a base de mero atlántico e Galo de Vila de Cruces acompañadas de tres guarnicións, para ó que dispuxeron de cinco horas, realizando a presentación dos seus platos en intervalos de 10 minutos baixo a orde establecida no sorteo realizado antes do inicio das probas.

Á calidade profesional dos cociñeiros concursantes mostrada no transcurso do campionato sumouse o prestixio dos xurados (de calificación e destreza) e observadores especialmente invitados, entre outros os críticos gastronómicos Pep Peiró (revista Sobremesa) de Madrid, Mario Hernández Bueno (Las Provincias, e presidente da asociación da Prensa de Las Palmas) ou o vasco Mikel Zeberio (Deia), os cociñeiros restauradores Sacha Hormaechea e Diego Domínguez, éste en representación de Jóvenes Restauradores de España, homónima da Organización galega no nivel estatal, os cociñeiros galegos Marcelo Tejedor (mellor cociñeiro xove de España), Xosé Vieira (excampión de Galicia), Toñi Vicente (subcampeona de España), representantes das asociacións de restaurantes de ámbito galego (Xantares, Lareira, Nove, Amigos da Cociña Galega), a xornalista e escritora Carmen Parada, o responsable de cociña do Centro Superior de Hostelería, R. Walter, F. Balmaseda e J.M. Gaztelu, de Club de Gourmets e Guía Gourmetour, respectivamente.

Os xurados valoraron os pratos presentados, tendo en conta a creatividade e a "filosofía culinaria", así como a concepción e materialización das tres guarnicións.

Os premios entregaranse no decorrer da Gala da Hostalería Galega e Turismo, que se celebrará a vindeira primavera.

O primeiro clasificado, amais de representar a Galiza no Campeonato de España, disfrutará dun stage de formación nun restaurante de alta cociña internacional mentras que para o subcampión resérvase un stage xunto a un cociñeiro de prestixio nacional. O terceiro clasificado recibirá unha beca para libros profesionais. Ademais os tres primeiros clasificados recibirán diploma acreditativo da súa posición e o restos dos participantes diplomas que acrediten a súa participación neste concurso de cociña.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia