Ir o contido principal
iniciar sesión

Os participantes nas oposicións convocadas para o corpo superior de administración, auxiliares e subalternos da Xunta poden solicitar exemplares dos exercicios tipo test en castelán

Así se recolle nunha Instrucción dirixida polo conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza aos membros dos tribunais cualificadores dos distintos procesos selectivos, na que se lles ordena que faciliten aos candidatos que así o soliciten ao comezo dos ditos exercicios tipo test exemplares destes redactados en castelán.

No marco da oferta pública de emprego a Consellería de Presidencia convocou os seguintes procesos selectivos nos seis primeiros meses de goberno:

- Oposición para o ingreso no corpo superior de administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados. No Diario Oficial de Galicia do día 24 de outubro de 2005 publícase a orde pola que se convoca este proceso selectivo. Están a realizarse os exercicios.

- Oposición para o ingreso nos corpos da administración xeral da Xunta de Galicia, grupos A, D e E. Convocados no DOG do 15 de decembro de 2005.

- Concurso-oposición para o ingreso, por promoción interna no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, grupo D. Convocado no DOG do 15 de decembro.

- Oposicións escala de subinspectores de consumo (grupo C). Convocatoria e temarios no DOG do 9 de xaneiro de 2006. Corrección de erros DOG 16/1/06. Finaliza o prazo de presentación de instancias o 30 de xaneiro.

- Concurso-oposición corpo facultativo superior (grupo A), corpo facultativo de grao medio (grupo B), corpo de axudantes facultativos (grupo C). Convocatoria e temarios no DOG do 9/1/06.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia