Ir o contido principal
iniciar sesión

O Festival Play-Doc 2006 celébrase do 22 ao 26 de marzo en Tui

Contaxiado polo gran momento creativo que esta vivindo o xénero, Play-Doc, persiste no seu empeño de establecerse como o punto de encontro e plataforma de exhibición para realizadores de todo o mundo con sé en Galicia.

Co obxectivo de ofrecer o mellor cine documental da actualidade, Play-Doc supón unha oportunidade única para gozar de películas, galardonadas nos festivales máis prestixiosos do mundo, e que difícilmente pódense atopar nos circuítos comerciais.

Nesta edición, segundo os seus directores, Sara García e Ángel Sánchez, superáronse as mellores expectativas de participación posibles. Máis de 350 obras procedentes de todos os puntos do planeta presentáronse á preselección do festival, o que dá unha idea da transcendencia e repercusión que adquiriu Play-Doc malia a súa curta vida.

Do 22 ao 26 de marzo, en Tui, poderanse ver documentais de autor realizados en Irán, Rusia, Canadá, Portugal, Bélgica, Israel, Brasil, Países Baixos, EE.UU., Italia, México, Francia, Bulgaria, Cuba, Polonia, e por suposto de España e Galicia.

No seu programación, Play-Doc, contará cunha Sección Oficial Competitiva na que se premiará ao mellor largometraje documental así como ao mellor cortometraje documental. E unha sección chamada Atlántico, na que entrarán a concurso todos aqueles documentales realizados en lingua galega e portuguesa e/ou producións galegas.

Tamén, un ano máis o festival contará co importante apoio de DOCUMANÏA que outorgará un Premio especial.

Por outra banda, tamén haberá unha Sección informativa, na que cabo destacar un ciclo dedicado aos Documentales Sobre Música, e unha sección chamada Foco Galicia na que se poderán ver algúns traballos que se fan na nosa Comunidade.
Tamén haberá unha referencia ao chamado Falso Documental.

Pero Play-Doc vai moito máis alá. Ademais do programa de proxeccións, confirmáronse xa unha serie eventos paralelos dignos dun gran festival.

Comprometidos co apoio aos novos creadores audiovisuales, Play-Doc, inaugurará conjuntamente con Avid Technology, S.L.:
Xpréssate en Tui’06, un Taller/Concurso dirixido a apoiar e fomentar o talento entre os novos realizadores que inician os seus pasos no mundo do documental. Así durante os días do festival, os participantes do concurso, baixo a tutela dun profesional, montarán o seu propio curto documental que posteriormente será premiado polo voto do público.

Os Concertos de Play-Doc

Unha das súas propostas máis novedosas e interesantes, e que xa na pasada edición supuxeron un enorme éxito son Os Concertos de Play-Doc

Play-Doc bríndanos a oportunidade de ver actuando en directo aos protagonistas das películas presentadas na sección Documentales de Música.

Os concertos desta edición aínda non están confirmados, pero segundo os seus directores, estanse barallando artistas recoñecidos do panorama nacional e internacional.

O feito de gozar da música en directo dos personaxes que acabamos de ver na pantalla é unha das sensacións máis emocionantes que se viven en Play-Doc.

Outras actividades

Tamén se realizarán charlas, conferencias e rodas de prensa a cargo dos directores, artistas e profesionais invitados.

Play-Doc quere agradecer as institucións e entidades privadas sen cuio apoio este evento resultaría imposible. Turgalicia, a Xunta de Galicia, a través das Direccións Xerais de Creación e Difusión Cultural, Comunicación Audiovisual e Política Lingüística, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Tui, entre otros, son os artífices de que Play-Doc 2006 sexa unha realidade.

Para máis información podedes visitar a nosa páxina web www.play-doc.com (en continua actualización).



Play-Doc