Ir o contido principal
iniciar sesión

A Casa de Curros abre definitivamente as súas portas cunha exposición na que máis de trinta artistas galegos recrean a obra literaria de Méndez Ferrín

A Casa de Curros Enríquez acolle dende o próximo sábado, día 18, unha mostra sobre X. L. Méndez Ferrín, de carácter itinerante, que despois de estar no Centro Cultural da Deputación de Ourense, ó longo dos próximos meses percorrerá os sete campus das tres universidades de Galicia -Ourense, Vigo, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo-, ademais doutros centros de ensino de Galicia, polo que será contemplada por máis de 50.000 persoas.

Aportan cadros, debuxos e esculturas á exposición “X. L. Méndez Ferrín. 31 artistas”, sobre o autor e a súa obra,Alexandro, Florencio de Arboiro, Xoaquín Balsa, Arturo Baltar, Bertho, Pedro Ruiz Bofia, Manuel Buciños, Manuel Catoira, Xosé Cid, Miguel Anxo Martínez Coello, Ramón Conde, Antonio Failde, Xulio Fontes, Manuel Hermida, Ánxel Huete, Menchu Lamas, Acisclo Manzano, Menchón, Baldomero Moreiras, Xurxo Oro Claro, Francisco Xosé Pérez Porto, Manuel Prego de Oliver, Xaime Quesada Blanco, Xaime Quessada Porto, Silverio Rivas, Vidal Souto. Aida Rodríguez Táboas, Carlos Vello, Nelson Villalobos, Virxilio e Xosé Lois.


O libro de arte que acopaña á mostra, tamén titulado “X. L. Méndez Ferrín. 31 artistas”, inclúe textos, estudios e artículos sobre o escritor de Vilanova dos Infantes, entre os que se atopan: “Méndez Ferrín, escritor”, de Anxo Angueira, da Universidade de Vigo; “Ferrín e o galego estremeiro”, Xosé Henrique Costas González, da Universidade de Vigo; “Contra a violencia dos xéneros”, de Camilo Franco, La Voz de Galicia; “O pozo negro”, de Antonio Piñeiro, Fundación Curros Enríquez e La Región; “Estirpe”, de Xosé Benito Reza; “O máis grande”, de Darío Xohán Cabana; “Merecerte do Nobel”, de Luís González Tosar, presidente do Pen Clube de Galicia; “31 artistas arredor de X.L. Méndez Ferrín”, de Marcos Valcárcel, e “Preocúpame a inmensa Capela Sixtina dos petroglofos galegos”, un fragmento do libro “Méndez Ferrín. Historia, literatura, nación”, de Xosé Manuel del Caño, publicado por Edicións Xerais, que foi o verdadeiro motivo e desencadenante de que 31 artistas galegos fixdexan cadros, debuxos e esculturas, neta ocasión, sobre a obra literaria de X. L. Méndez Ferrín.


Tamén aportan textos ó libro de arte, a modo de introducción, ademáis de respaldar a iniciativa, o presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar; o alcalde de Ourense, Manuel Cabezas, con “A palabra e a materia”; o rector da Universidade de Vigo, Domingo Docampo, con “Un poderoso universo poético e narrativo”; o presidente da Fundación Curros Enríquez, Antonio Mouriño, con “Xosé Manuel del Caño e X. L. Méndez Ferrín, homes da terra”, e o presidente de Academia Postal, Francisco Novoa, con “Ourense, cidade das artes e das letras”.

O acto inaugural desta segunda etapa da exposición terá lugar o próximo sábado, día 18 ás 12,00 horas na Casa de Curros Enríquez, en Celanoa en el intervirán, entre outros, o presidente da Fundación Curros Enríquez, Antonio Mouriño, os membros da Fundación Marcos Valcárcel, Xosé Benito Reza, Xosé Manuel del Caño e Antonio Piñeiro, estando previsto que durante a estadía da Exposción en Celanova se continúe coa recollida de sinaturas para propor ó escritor de Vilanova ó Nobel de Literatura, unha iniciativa, esta, do Pen Clube de Escritores de Galicia e que conta co respaldo de multitude de entidades e institucións galegas que se sumarán á petición nos próximos meses, adoptando acordos corporativos e remitindo as actas e os documentos correspondentes.

Antonio Piñeiro , Secretario da Fundación Curros Enríquez