Ir o contido principal
iniciar sesión

Aberta a preinscrición na Sabroso Party 2006, a celebrar entre o 7 e o 9 de abril en Ponteareas

A Concellería de Desenvolvemento Local do Concello de Ponteareas ven de convocar unha nova edición da “Sobroso Party” a celebrar no Pavillón Polideportivo Municipal de Ponteareas os vindeiros días 7, 8 e 9 de abril de 2006.

Esta nova edición da “Sobroso Party” abre as súas portas ás 17,00 horas do venres 7 de abril e ao longo de 48 horas ininterrumpidas desenvolve un amplo programa de actividades para todos os participantes.

O número total de participantes previsto é de 250 e logo da apertura do período de inscrición na rede, en tres días hai xa amáis de cento cincoenta persoas preinscritas nesta Sobroso Party. Os interesados en inscribirse nesta cita de internautas teñen de facelo na seguinte páxina web: http://www.sobrosoparty.org/, ata completar o número de participantes previsto.

O Concelleiro de Desenvolvemento Local, Alberto Novoa Iglesias, confirma que se manteñen os prezos do ano pasado, 15 € os maiores de idade e 10 € os menores de idade. Coma sempre no prezo incluese a cea do sábado e os agasallos, que se entregaran ao acreditarse na Sobroso Party.

Con esta nova convocatoria o Concello de Ponteareas continua apostando con decisión por facilitar e promocionar o acceso ás novas teconoloxías dos veciños de Ponteareas que xa disfrutan da rede inalámica máis ampla de Galicia e España e poden acceder a actividades que combinan a formación e o lecer como esta “Sobroso Party”. Nesta terceira edición confíanse manter a mesma participación acadada nos anos anteriores. Así no pasado ano participaron 300 internautas, que superaron ampliamente aos 230 da primeira edición, mesmo ficando varias ducias de interesados que non poideron participar ao non existir espazo físico para acoller a máis internautas. Cómpre suliñar o feito de que houbo 137 participantes de Ponteareas, unha cifra moi elevada para eventos destas características; e inscricións de 35 concellos diferentes de Galicia, España e mesmo do Norte de Portugal.

Concello de Ponteareas