Ir o contido principal
iniciar sesión

Viaxe ó encontro de Fútbol Deportivo-Zaragoza dos nenos e nenas de Carral

Este acto está incluído dentro do programa municipal de viaxes para a promoción deportiva, programa ideado pola concellería dirixida polo edil Jesús Manuel Raso López coa finalidade de promocionar e divulgar o deporte en xeral e do fútbol en particular.

Ó encontro acudiron un total de 50 nenos e nenas da localidade carralesa nun autobús que o concello dispuxo para tal fin. Neste proxecto tamén contribuíu o Real Club Deportivo da Coruña, que aportou as entradas para os rapaces e os seus monitores. Partiron ó redor das 15.30 h dende o Campo da Feira de Carral cara a Riazor. Aquí os rapaces puideron presenciar un emocionante encontro entre o club herculino e os maños, que como ben é sabido, rematou cun agridulce empate. Os nenos e nenas carralesas berraron, animaron, saltaron e ata bailaron o son dos cánticos da inchada deportivista. Unha vez rematado o partido, e cansos por mor de tanta emoción e diversión, voltaron a Carral ó redor das 19.45 h ó mesmo punto de partida.

Debido ó éxito da xornada, o concelleiro de deportes, Jesús Manuel Raso, decidiu empezar a preparar unha nova viaxe o Estadio Municipal da que poderán disfrutar os nenos en poucas semanas.
Concello de Carral