Regreso da expedición de Carral a Candanchú

Tras unha semana de deporte, xogos, visitas culturais, etc., os participantes, aínda que cansados, amosáronse entusiasmados, e agardando repetir a viaxe no 2007. Durante esta semana, os nenos/as fixeron todo tipo de actividades lúdico-deportivas e culturais, pero sobre todo aprenderon a esquiar. Durante dúas horas diarias, tódalas mañás, tiveron clases de esquí con monitores especialistas que os distribuíron en grupos segundo o seu nivel. Despois de comer, os rapaces tiñan unhas horas libres para practicar todo o aprendido durante a mañá.
Ademais disto, tiveron tamén a posibilidade de visitar a pista de xeo, a cidadela fortificada e ata de disfrutar dunha xornada de compras pola cidade oscense.
O concelleiro de deportes, Jesús Raso López mostrouse enormemente satisfeito polo enorme éxito acadado pola convocatoria realizada polo concello, que incrementou en máis dun 80 % o número de inscritos con respecto o ano pasado.
Concello de Carral