Ir o contido principal
iniciar sesión

Play-Doc reparte 5.000 € en premios ademais dos trofeos exclusivos realizados polo escultor Juan Vázquez

Un total de 13 documentais de entre os 30 que se proxectarán no festival optan a recibir un galardon.

Unha das 5 producións procedentes de Bulgaria, Israel, Bélxica e España farase co premio á mellor longametraxe Play-Doc 2006, dotado con 2.000€ (dous mil euros) en metálico.

Na categoría Atlántico, serán tres as películas en competición desde Portugal, Brasil e Galicia e un premio tamén de 2.000 €(dous mil euros).

Para rematar 5 producións procedentes de Países Baixos, Austria-Irán, Polonia, España e España-México competirán polo premio ao mellor curtametraxe Play-Doc 2006, dotado con 1.000 € (mil euros).

Ademais da dotación económica, os premiados en devanditas categorías recibirán un trofeo realizado en granito polo recoñecido escultor tudense Juan Vázquez.

Paralelamente aos premios Play-Doc, a prestixiosa canle temática DOCUMANIA, que continúa apoiando ao festival e participando activamente nel, concederá unha vez máis o Premio Especial DOCUMANIA. Optarán a este premio todas as películas participantes nas tres categorías a concurso da Sección Oficial e o premio consistirá no compromiso de compra por parte de DOCUMANIA dos dereitos de exhibición para o documental gañador, que será elixido por un membro da principal canle temática española dedicada en exclusiva ao documental. Tamén este premio irá acompañado por un trofeo, peza única creada en exclusiva para o festival por Juan Vázquez.

Por outra banda, o público de Play-Doc tamén participará de forma activa, será o seu voto o que determine cal dos seis proxectos seleccionados para o concurso-taller Xpréssate en Tui, organizado por Avid Technology S.L. e Play-Doc, resulta ser o gañador deste galardón.

A entrega de todos estes premios realizarase o domingo 26 de marzo ás 20:30h no Teatro Municipal do Área Panorámica
Play-Doc