Ir o contido principal
iniciar sesión

Convocado o XXIII Concurso de Contos para a Mocidade da Casa da Xuventude e a Agrupación de Libreiros de Ourense

Apoian a iniciativa a Concellería de Cultura, Festas e Festival de Cine, do Concello de Ourense e a Delegación Provincial da Igualdade e do Benestar. De novo ábrese ós rapaces e rapazas galegos de entre 14 e 30 anos a posibilidade de veren publicados os seus relatos, e de obteren bos premios: a contía do primeiro premio é de 750 €, e a dos catro accésit segue sendo unha cantidade interesante, 200 €. En atención ós máis novos, un destes accésit resérvase, como é habitual, ós menores de 18 anos. Ademais, desde a oitava edición son publicados os premios e accésit en volumes anuais co formato de libro de peto.

O Premio Ourense é un certame cunha importante tradición ás súas costas. Nas vinte e unha edicións anteriores teñen gañado nel autores que, agora ou desde hai tempo, deixaron de ser promesas para convertérense en importantes nomes da cultura galega; é o caso de Xosé Carlos Caneiro, Pedro Gonzalves, Marco Valerio Lama, Paula Carballeira Cabana, Sechu Sende, An Alfaya, Rafa Villar, Antón Riveiro Coello, Estevo Creus ou Ana Cristina López (“Ana Mirinda”). Unha demostración, xa que logo, de que o Concurso de Contos para a Mocidade constitúe unha boa oportunidade de dar o primeiro paso no mundo das letras para moitos xoves valores, que non desaproveitan a ocasión para dar a coñecer a súa valía.

O prazo de entrega de orixinais remata o 26 de abril, para ser comunicada a decisión do xurado o día das letras galegas, o 17 de maio.

Regulamentos

Participantes: Poden concorrer todas as persoas entre 14 e 30 anos que o desexen, con un ou varios relatos.

Tema: Os traballos, de tema libre, deberán ser orixinais e inédi-tos, non poderán estar premiados noutros concursos e estarán escritos en galego.

Extensión: A extensión mínima será de seis folios, e vinte e cinco a máxima, mecanografados a dobre espazo e por unha soa cara (entre 8.000 e 33.000 caracteres en total).

Entrega: Os traballos entregaranse na Secretaría da Casa da Xuventude, Celso Emilio Ferreiro, 27. 32004 Ourense. Pódense enviar por correo. As narracións presentaranse baixo pseudónimo e irán acompañadas dun sobre pechado, no exterior do que figurará o pseudónimo (así como a frase «menor de 18 anos», se este fose o caso), e no interior unha fotocopia do DNI mais o título ou títulos dos contos, así como enderezo e teléfono. [Os organizadores agradecen o envío a maiores dunha versión informática do texto, ben en disquete ou CD (Word ou formato compatíbel), ou ben por correo electrónico (casa@casaxou.com)]

Prazo: O prazo de presentación remata o 26 de abril de 2006.

Resultado: O xurado dará a coñecer a súa decisión antes do 17 de maio de 2006. Esta será inapelábel.

Premios: Establécense os seguintes:
Primeiro premio: 750 €
Catro accésit de 200 € cada un. Un accésit recaerá necesaria-mente nun concursante menor de 18 anos (que non teña cumprido estes o 17 de maio de 2006).
Cada premiado/a só poderá recibir un dos premios.
Os premios poderán ser declarados desertos.
Serán entregados dentro do programa da Feira do Libro de Ourense.
Os premios estarán suxeitos ás disposicións vixentes na lexislación tributaria sobre retencións.

Derradeiras: Os organizadores editarán os contos premiados. A parti-cipación supón a aceptación dos presentes regulamentos.
Casa da Xuventude de Ourense