Ir o contido principal
iniciar sesión

Presentado o Basketgalp 3x3 en Lugo

O evento conta con máis de 60 equipos inscritos, unha cifra
espectacular similar á acadada en Madrid o pasado 18 de Febreiro
coincidindo coa Final da Copa do Rey de Baloncesto.

O campeonato contará coa animación dun speaker e música ó longo da xornada con numerosos agasallos para os participantes.

Á presentación, celebrada no Pazo dos Deportes de Lugo, acudiron o Concelleiro de Deportes de Lugo, José Manuel Díaz Grandío, Ana Ónega en representación do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia, José María Tapia, Director de Marketing de GALP España, Jesús Maseda, vicepresidente do CB Breogán e Miguel Loureiro, coordinador técnico da Fundación BALOGAL.
Marcos Fernández (Prensa CB Breogán SAD)