Ir o contido principal
iniciar sesión

A A.C. Tangaraño presenta unha nova edición do seu espectáculo Ao Son do Tangaraño

Ó longo de casi dúas horas, os componentes das diferentes agrupacións da A.C. Tangaraño, percorrerán a xeografía galega a través da música e do baile tradicional, amosando pezas recollidas en diferentes vilas e aldeas. Asemade, como ven sendo habitual nas súas actuacións, farán un pequeño guiño á historia más recente ó incorporar ó seu espectáculo bailes que no seu día foran interpretados por “Coros y Danzas”, así como outras pezas do chamado “baile coreográfico”.

Este ano, a gala celebrarase no renovado Teatro Cine Salesianos de Vigo, ubicado na céntrica rúa Venezuela, sendo a entrada gratuita. Xa que para Tangaraño o verdadeiro protagonista dos seus espectáculos é o público, no deseño desta nova edición de Ao Son do Tangaraño, fixeron unha minuciosa selección tanto das pezas a interpretar como do vestiario, fidel reflexo da roupa usada polos nosos antergos.
Desde a súa fundación, a A.C. Tangaraño foi medrando paseniñamente e facéndose cun oco no ámbito da cultura tradicional. Así, ademáis da súa gala anual, organizan diferentes cursos e talleres etnográficos; son habituais en festivais, mostras e exposicións de traxes tradicionais e incluso teñen colaborado con institucións coma o Museo Olimpio Liste na organización de exposicións ou actos culturais. A pesares da xuventude do grupo de baile Tangaraño, este acadou diversos premios, o máis recente a medalla de bronce nas últimas Xornadas de Música e Baile Tradicional do Concello de Vigo, onde acadaron tamén o premio ó Mellor Bailador. A última aposta da A.C. Tangaraño no ámbito da divulgación das nosas tradicións é o Proxecto Didáctico Ëspallar, un ambicioso traballo deseñado para diferentes tipos de público que foi acollido con grande interese por diversos centros educativos.
Todo aquel que queira coñecer máis sobre o traballo da A.C. Tangaraño pode consultar a web www.tangarano.org
A.C. Tangaraño