Ir o contido principal
iniciar sesión

O Teatro Arte Livre (TAL) de Vigo acolle a representación da obra Evita, Eva Perón

EVITA, EVA PERÓN, de Roberto Cordovani e Eisenhower Moreno, foi escollida para dar orixe a nova programación do primeiro teatro privado – oficial da Galiza.

Patrocinado parte deste emprendimento polo IGAPE, o TEATRO ARTE LIVRE  (TAL) estará con cada obra teatral 3 meses en carteleira na Cidade de Vigo, creando intercámbios con Portugal, Galiza e parte de España.

EVITA, EVA PERÓN conta a traxectória da nena pobre do interior da Arxentina que nos anos 40, transformase na actriz de rádio mais ben remunerada da ocasión, transformandose en actriz de cinema até chegar como primeira dama da Arxentina.
Seu casamento co entón Xeneral Juan Domingo Perón, cambiará a Arxentina, convertendo a história daquele país nun dos episódios máis cheios de contradicción da América do Sul.

A maior parte dos diálogos que os  4 actores ( Roberto Cordovani, Eisenhower Moreno, Mónica Bar e Mighello Blanco) falan, foran extraídos de unha longa documentación que ó longo de máis de un ano e medio os autores foran recollendo.
Con vestimentas de Christian Dior, Coco Chanel, Betty Novias e 145 efectos de iluminación en hora e media, o público en unha versión con rítmo cinematográfico adentrase na trama, na loucura, na obsesión dos militares e do pobo en relación a muller que tivo tanta forza despois de morta como cando era viva.

Encena Produccións Artísticas presenta a actriz galega Mónica Bar e o actor galego Mighello Blanco, ademáis de Roberto Cordovani (Mellor actor de Londres, Madrid, Compostela), no papel de Eva Perón e Eisenhower Moreno (Premio FHC- Rio de Janeiro), como Evita.

30 funcións de Evita, Eva Perón

Na 1ª función do próximo sábado EVITA, EVA PERÓN completa 30 funcións en cartel no recén inaugurado TEATRO ARTE LIVRE. É a primeira vez que na cidade de Vigo unha mesma obra permanece en carteleira no mesmo teatro.

E o espectáculo cumprirá tempada até o día 02 de Xullo sempre ós venres,   sábados e festivos...e durante a semana para coléxios, institutos e universidades.
Co iso a filosofia do TAL se cumpre colocando Vigo como unha cidade con gran potencial para o teatro e unha programación constante.

Desde a súa estréia o día 24 de marzo, Evita, Eva Perón recebeu un público variado entre adolescentes, relixiosos, xovens, terceira idade, grupo de mulleres, deportistas e o Norte de Portugal.

A história e a interpretación altamente envolvente de Roberto Cordovani, Eisenhower Moreno, Mighello Blanco e Mónica Bar, ten contaxiado o público que
sai do teatro entusiasmado coa posta en escena.
Encena Produccións Artisticas S.L