Kalandraka distribúe en Galicia os primeiros Premios Nacionais de Edición e de Ilustración

“A la sombra del olivo” contén un CD no que se poden escoitar 29 cancións infantís árabes e bereberes -recompilados polas investigadoras Magdeleine Lesasle e Hafida Favret- que forman parte do acervo de nanas, xogos e rimas dos rapaces do Magreb: arxelinos, marroquís e tunecinos. O libro, ilustrado por Nathalie Novi, contén unha transcripción da letra das cancións e unha versión en caracteres árabes, que foi traducida ao castelán por Miguel Ángel Mendo.
Este libro forma parte dunha colección á que tamén pertencen os títulos “Canciones infantiles y nanas del baobab” e “Cancionero infantil del papagayo”. A estes -que tratan sobre a tradición musical da África negra e da cultura lusófona de Brasil e Portugal, respectivamente- unirase proximamente un novo volume con cancións infantís da cultura sefardí que inclúe algunhas letras en xudeoespañol, segundo avanzan desde a editorial.
Kalandraka Editora (Dpto. Comunicación)