O Galicia Xove patrocinado pola Fundación Deporte Galego, dá a oportunidade de competir aos novos tripulantes
A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, destacou no acto de presentación do barco-escola Galicia Xove a necesidade de cubrir a formación dos deportistas dende o principio ao final. “Temos que darlle á xente de base a oportunidade de seguir medrando para que algún día poidan ser grandes regatistas de cruceiro. Con este proxecto, que xa é unha realidade, puxemos o chanzo que faltaba nesta formación. Ademais non é só un proxecto para vela, é algo que queremos implantar no deporte en xeral en Galiza, xa que temos dende as institucións a obriga de darlle aos deportistas a posibilidade de cegar dende o comezo ao final.”
No acto celebrado no Náutico de Vigo participaron ademais da conselleira o director xeral para o deporte, Santiago Domínguez; o presidente da federación galega de Vela, José Ángel Rodríguez; Jorge Santos, representante de Caixanova; o presidente do Náutico, Franco Cobas e Antonio Saborido, en representación dos armadores do barco.
Antonio Saborido destacou que este era un vello proxecto que se retomou coa chegada de Santiago Domínguez ao cargo de director xeral para o Deporte “pensando dar saída á base do mundo da vela. É o barco de todos os clubs náuticos de Galiza e de todos os rapaces e rapazas con actitudes. Pretendemos que sexa o barco filial dos grandes proxectos. Esta é a primeira vez que un barco achega aos mozos a posibilidade de traballar con profesionais de forma gratuíta”.
Pola súa banda, o presidente da FGV explicou que “este proxecto vén a cubrir o aspecto que faltaba en canto á especialización e perfeccionamento das tripulacións. Confiamos en que dos tripulantes que pasen por aquí saian grandes regatistas de futuro”.
Por último, o representante de CAixanova manifestou que “nesta ocasión non queremos gañar regatas, senón trasladar a formación a través do deporte e transmitir valores coma a solidariedade e a disciplina ben entendida”.
Este barco, que é un modelo Dufour 34 da competititva clase IMS 670, estará tripulado por dous ou tres tripulantes profesionais, sendo o resto das prazas para alumnos que afrontan as regatas coa firme intención de aprender. En principio, participará en regatas que se celebren en augas do país galego, aínda que non se descarta a posibilidade de participar no Campionato do Mundo de Vela que se disputará en Cádiz.
Trala celebración da rolda de prensa, a conselleira exerceu de madriña do barco e posteriormente as autoridades subiron á embarcación na cal deron un paseo pola ría.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia