Ir o contido principal
iniciar sesión

XI Concentración de Bicicletas de Meiro


O domingo 3 de setembro celebrarase en Meiro (Concello de Bueu) a XI Concentración de Bicicletas, seguida dunha marcha
cicloturista por diversos puntos da xeografía da Península do Morrazo.

Esta actividade está organizada pola Asociación Cultural Meiro,
contando este ano (por primeira vez) coa colaboración da Fundación Deporte Galego da Xunta de Galicia, así como tamén outros organismos e múltiples empresas da Comarca do Morrazo.

Este ano celebrase a undécima edición, polo que se trata dunha
actividade consolidada na programación cultural e deportiva da Comarca do Morrazo.

A Concentración será ás 10:00 horas no lugar de "A Morada", na
aldea buenense de Meiro.As 10:30 horas dará comezo a ruta cicloturista que percorrerá: Meiro, A Portela, parque industrial de Castiñeiras, Beluso, Bueu e regresarase o punto de partida.

Os participantes recibirán un bocadillo, iogur e refrescos a súa
chegada á Morada. Así como tamén participarán no sorteo de numerosos agasallos (bicicletas, cascos, material deportivo, etc.).

Para os nenos máis cativos habilitarase un circuito de triciclos
onde recibirán nocións básicas de educación vial. Con este circuito téntase iniciar os máis pequenos neste sano e saudable deporte.

A Asociación Cultural Meiro quere convidar a tódolos amantes do
ciclismo a participar na XI Concentración de Bicicletas de Meiro, así como tamén recorda a tódolos participantes que será obrigatorio o uso do casco durante a celebración da ruta cicloturista.
Victoria Martínez (presidenta Asociación Cultural Meiro)