Ir o contido principal
iniciar sesión

A Asociación Cantigas e Agarimos abre o prazo de matrícula da súa Escola de Muiñeira

?As actividades ofertadas neste curso son: danza, canto e pandeireta, gaita, percusión, acordeón e linguaxe musical.

O prazo estará aberto ata o 2 de outubro para nenos e rapaces (ata 16 anos) e ata o
día 20 para adultos. O horario de matrícula é de luns a venres de 19:00 h. a 21:00 h. no seu local social (Rúa Algalia de Arriba 11, baixo – Tlf.: 981 58 12 57).

A Escola de Cantigas e Agarimos foi fundada a comezos da década dos oitenta co
obxectivo de transmitir os valores da cultura tradicional galega, a través da danza e a música tradicional.

Hoxe en día na Escola de Cantigas e Agarimos un obxectivo se proclama como
básico: a recuperación , conservación e interpretación da danza e a música tradicional galegas, sen descoidar o contexto no que esta se produce e se transmite.

Fundamentándose nunha labor de traballo etnográfico, que pretende recuperar a liña de transmisión oral perdida no folclore galego, o profesorado da Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos pretende transmitir non só ritmos, cantigas, músicas e danzas, senón tamén o espírito no que estas foron producidas.

Co obxecto de atraer a atención dos máis novos cara este tipo de formación,
presentáronse os “FOLQUIS”, unhas persoxonaxes de debuxos animados a modo de
superheroes folclóricos.

Se desexa máis información pode dirixirse a esta web: escola.cantigaseagarimos.com
Iván García Rechou (xefe de estudos da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos)