Quintana apoia aos novos valores da moda galega como canteira e futuro do sector téxtil en Galicia
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, participou en Vigo na gala dos premios Tesoira 2006, onde salientou a importancia de apoiar aos novos valores da moda galega porque “eles son a canteira e o futuro” do sector téxtil en Galiza. “Sodes vós quen asegura o relevo xeracional no sector”, apuntou dirixíndose aos participantes. Quintana lembrou o gran prestixio e o recoñecemento internacional do que gozan xa os deseños galegos, así como a posición punteira da industria téxtil galega, e animou a “non conformarnos con este estatus” e a seguir apoiando a esta industria a través do respaldo á xente moza e aos novos creadores.
Para o vicepresidente Galiza conta cun gran capital humano de xóvenes creativos, con talento e ilusión que poden contribuír a enriquecer a moda galega. Por isto, amosou o compromiso do seu departamento cos xóvenes do país, co seu traballo e coas súas creacións, un apoio que se materializa a través do certame Tesoira 2006, iniciativa que Quintana considera como unha plataforma de lanzamento para proporcionarlles aos mozos e mozas unha proxección cara o mercado e cara ao público en xeral. Ademais, Anxo Quintana adiantou que cara a vindeiras edicións a Vicepresidencia potenciará aínda máis o aspecto formativo do certame, dándolle aos gañadores a posibilidade de acceder a un período de formación de calidade nalgunha institución de recoñecido prestixio, á que posiblemente doutro xeito non terían acceso.
Quintana, que foi o encargado de entregar o primeiro premio do certame, destacou tamén que a través desta iniciativa búscase propiciar a igualdade de oportunidades, apoiando aos novos creadores fronte a aqueles xa consolidados, ao tempo que se lles ofrece aos novos valores unha formación posterior que garante a aprendizaxe e o intercambio de experiencias. Finalmente, o vicepresidente da Xunta agradeceulle a todos os participantes o seu esforzo, felicitou aos gañadores e animou a todos eles a seguir traballando “fieis ás vosas ideas e á vosa personalidade, o que vos proporcionará os maiores éxitos e as maiores satisfaccións profesionais”.
Gala Tesoira 2006
O xurado da mostra seleccionou dez coleccións, entre as 47 que se presentaron este ano, en nas que hai dous deseñadores de A Coruña, tres de Ourense, catro de Pontevedra e unha de Vigo. O certame, organizado pola Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude, está dotado de tres premios e varias axudas que consisten en 3.000 euros para o primeiro, 1.500 para o segundo e 1.000 euros para o terceiro. Ademais, os gañadores realizarán a formación textil cos deseñadores Cristóbal Vidal, Pilar Bande e María Mariño e haberá unha bolsa de 3.000 euros destinada á formación textil para cada un dos finalistas, nas que colabora a Consellaría de Innovación e Industria.
A actriz galega, Marta Pazos, presenta a gala desta noite, que é retransmitida pola TVG. Mentres o xurado delibera está prevista a actuación do grupo de danza contemporánea `Nova Galega de Danza´, que en menos dun ano convertíuse na gran aposta da danza en Galicia polo seu estilo, no que misturan o baile moderno e a música como dúas partes da mesma peza.
O xurado está formado por Cristóbal Vidal (deseñador), María Mariño (deseñadora), Pilar Bande (deseñadora), Guillermo Gómez Espinosa (responsable académico), Dolores Dopico (responsable académica), Marta Mª Rodríguez Araujo (responsable académica) e Javier Herranz (fotógrafo de moda).

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia