Ir o contido principal
iniciar sesión

Aberto o prazo de inscrición para participar no Microsoft University Tour

O prazo de inscrición nesta xornada, que terá carácter gratuíto, permanecerá aberto ata o vindeiro día 22 de abril, puidendo formalizarse no enderezo web http://www.usc.es/gstic. Dado que o número de prazas é limitado as inscricións atenderase por orde de chegada.
O Microsoft University Tour consiste nunha xornada de presentacións á comunidade universitaria da tecnoloxía Microsoft e a plataforma .NET. A edición deste curso vense celebrando en 32 universidades españolas dende setembro do 2003 ata maio do 2004 e é a primeira vez que este evento se presenta en Santiago de Compostela, coincidindo no curso no que a USC puxo en marcha a titulación de Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas (ETIS).
Ao remate da xornada facilitaráselles aos asistentes, un CD con recursos académicos de Microsoft, así como un certificado de asistencia. Para a acadar máis información sobre estas xornadas, as persoas interesadas poden consultar a páxina web
http://www.microsoft.com/spanish/msdn/estudiantes/eventos/universitytour.asp
Gabinete Comunicación USC