Ir o contido principal
iniciar sesión

A compañía galega Trompicallo presenta este fin de semana na Sala Yago Nadarín

Sinopse:
¡Adelante!, coged aire que vamos a sumergirnos en las profundidades marinas…está un poco fría ¿verdad?, ahora hacia el fondo... vamos a explorar el mar.... pero ¡atentos!, el Pez Grande puede aparecer en cualquier momento, y nosotros somos muy pequeños... apenas un aperitivo para él, aunque tenemos una ventaja: somos más.
A compañía:
A compañía de títeres Trompicallo inicia a sua andaina no ano 1997, integrada por Marian González, Eva Sanz e Luis González, profesionais do mundo dos títeres que se reúnen co propósito de producir, investigar e difundir a arte dos títeres. Desde entón levamos realizado catro produccións.
A primeira, Manoladas, é un espectáculo no que traballamos a manipulación a partir da compenetración entre dous manipuladores e un títere. O resultado, Manolito, é un títere áxil i expresivo, o que lle permite comunicarse co público sen necesidade de falar.
En Drácula recollemos o mito do cinema para, a través del, introducírmonos na alma do protagonista. Esta obra, para adultos, afonda nos sentimentos e nas contradicións do ser humano.
A terceira producción da compañía é Jiñol, unha historia dinámica e divertida, contada con títeres de luva, na que as distintas situacións da obra xiran entorno ao comportamento que os títeres teñen cun intruso. A evolución do conto desembocará nun inesperado final.
Manolito Camaleón. O mesmo persoaxe que tán bén funcionou en Manoladas volve dar a cara cun aspecto camaleónico que anuncia as súas novas habilidades para transformarse nos mais diversos persoaxes cunha técnica renovada e perfeccionada.

 




Sala Yago