Special Olympics falla o XI Certame de Tarxetas de Nadal 2006
Special Olympics Galicia, entidade sen ánimo de lucro que traballa pola integración das persoas con discapacidade intelectual a través do deporte e do ocio e tempo libre, fallou hoxe o XI Certame de Tarxetas de Nadal 2006.A sede da entidade acolleu a deliberación do xurado integrado polo Director Xeral de Acción Social, D. Bieito Seara Formoso e integrantes da Xunta Directiva de Special Olympics Galicia, entre os que se atoparán o seu Presidente, Eladio Fernández Pérez, e o Vicepresidente, Julio C. Cortiñas López. No Undécimo Certame de Tarxetas de Nadal participaron más de 800 persoas con discapacidade intelectual de toda Galicia.
O Certame contou con dúas categorías: A. Todas as persoas con menos de 20 anos e B. Todas as persoas de 20 anos endiente; así como se estableceron tres modalidades de participación: MODALIDADE 1: Debuxos en papel ou cartulina, cun tamaño máximo de DIN A4, a toda cor. MODALIDADE 2: Debuxos realizados con apoios técnicos (informática...) e/ou apoios humáns (en canto a idea, trazados, etc..) (Débese especificar o tipo de apoio). Os debuxos realizaranse sobre papel ou cartulina tamaño máximo DIN A4, a toda cor. Os debuxos serán orixinais, non exportados de programas informáticos nin calcados. MODALIDADE 3: Debuxos realizados con calquera tipo de material alternativo (papel reciclado, adornos...). Os traballos presentados nesta modalidade non se imprimirán.
A clasificación do XI Certame de Tarxetas de Nadal 2006 Special Olympics Galicia foi a seguinte:
CATEGORÍA A – MODALIDADE 1
1º. David Lafuente Agrasar (Apader – Cedeira)
2º. Isabel Gago Doval (Apacesco – Betanzos)
3º. Antonio Núñez Toucedo (Saladino Cortizo – Vigo)
CATEGORÍA A – MODALIDADE 2
1º. Antonio Romero Rodríguez (San Francisco – Vigo)
2º. Pablo Giradles Cortizo (Valle Miñor – Nigrán)
3º. Yasmin Quintas Mariño (Saladino Cortizo - Vigo)
CATEGORÍA A – MODALIDADE 3
1º. Laura Pena Vicente (Aspronaga – A Coruña)
2º. Daniel García (Aspronaga – A Coruña)
3º. Eloy Rodríguez Represas (Aceesca – Porriño)
CATEGORÍA B – MODALIDADE 1
1º. Luis Alfonso Fernández Núñez (Asfaval – Vilamartín de Valedoras)
2º. Milita Carral Timbraos (Aspanane – Viveiro)
3º. Miguel Ángel Abad Gómez (Asdeme – Chantada)
Accesit – Elena Dans Montero (Aspronaga – A Coruña)
Accesit – Ángeles Rey Ares (Apacesco – Betanzos)
Accesit – Patricia García Saco (Virxe da O – Pontevedra)
CATEGORÍA B – MODALIDADE 2
1º. Luis Fernández Boullosa (Capd Redondela)
2º. Ana María Fernández Recarey (Afadi – Lugo)
3º. Marta Coto Burgos (Aceesca – Porriño)
CATEGORÍA B – MODALIDADE 3
1º. Eva María Fernández Dans (Aspronaga – Coruña)
2º. Encarna Otero Piñeiro (Con Eles – Vilagarcía de Arousa)
3º. José Ángel Pérez Álvarez (Aceesca – Porriño)
Cristina Díaz (Departamento de Comunicación Special Olympics Galicia)

