Ir o contido principal
iniciar sesión

A Asociación Xuvenil Xe, o Centro Cultural Xinzo e Adenco organizan unha ruta de sendeirismo ao Monte Galleiro

Este programa inclúe tamén a ruta ao Faro de Budiño para o próximo domingo 25 de abril.
A convocatoria está aberta para todos os amantes da natureza, que se animen a percorrer a pé a distancia que vai dende o Centro Cultural Xinzo (50 m.) e o cumio do Galleiro (744 m.).
A hora de saída será ás 10.00 horas e a chegada ás 17.00 horas.
Recoméndase levar comida e bebida, así coma prismáticos, guías de natureza, etc.
Asociación Xuvenil de Xinzo