Ir o contido principal
iniciar sesión

Un grupo de estudantes da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais participan na XXII edición do simulador empresarial GestionGlobal

O equipo que tomará parte nesta competición, que se inicia mañá martes, día 27, estará formado por tres estudantes, ademais de por Mario Tubio e José Grela, e capitaneado por Alejandro Liñares Puente estudante de terceiro de Administración e Dirección de Empresas. O equipo da Asociación CIDADE posee unha ampla experiencia neste tipo de competicións, no que dous dos seus membros participaron o pasado ano no Global Marketing Game e Business Game de ESIC, onde alcanzaron a semifinal europea e a final nacional respectivamente, uns resultados moi satisfacctorios nas súas primeiras participacipacións neste tipo de eventos.
Gestion Global Campus é o Business Game líder do mercado, dirixido exclusivamente á participación de estudantes universitarios interesados en completar a súa formación mediante o xogo de simulación empresarial on line máis real, competitivo e apaixoante. GestionGlobal Campus serve de complemento á formación univeristaria, ofrecendo aos participantes unha visión global da empresa, desenvolvendo a capacidade de traballar en equipo, toma de decisións, análise, observación e aprendizaxe do complexo mundo da empresa. Ademais conta cunha Bolsa de traballo onde incluirán os curriculums dos participantes, estando a disposición das empresas patrocinadoras para os seus procesos de selección.
Ao longo das súas 21 edicións este programa de simulación contou co respaldo e a colaboración de empresas de gran prestixio como son os seus patrocinadores oficiais, Iberdrola e Accenture. Na pasada edición, máis de 3.000 universitarios de todos os campus estatais, constituídos en 504 equipos, participaron en GestionGlobal Campus, e máis de 35.000 estudantes de todo o mundo participaron na súa versión internacional, Global Management Challenge.
Gabinete de Comunicación USC