Estudantes de ensino medio asisten a unha Master Class de Partículas Elementais

A continuación, a Facultade de Física acolleu unha práctica na que os estudantes identificaron as partículas que aparecen en rexistros realizados en detectores. Esta práctica levouse a cabo simultaneamente en varios centros de Europa e os resultados obtidos fóronse comunicando e intercambiando por videoconferencia.
Este ano asistiron alumnos dos Institutos Rosalia de Castro e Sar, de Santiago; Antón Losada e García Barros, da Estrada; Felix Muriel, de Rianxo; As Lagoas, de Ourense; Ames; Ponteceso; Numero 1 de Ordes; Cee; e Alfredo Brañas, de Carballo. En Europa participaron conxuntamente coa USC diversas Universidades europeas como a de Bonn, Mons ou Cracovia, entre outras, conxuntamente co Centro Europeo de Partículas Elementais (CERN) e o Laboratorio Nacional americano de Brookhaven. A coordinación na USC correspondeulle aos profesores Jaime Alvarez Muñiz, Juan José Saborido e Carlos Pajares, coa colaboración de Víctor Olmos e Ines Valiño e do Servizo de Medios Audiovisuais (SERVIMAV) da USC.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)