Amigos da Terra clausura a V Campaña A Aposta
“A Aposta” pretende informar e concienciar aos mozos e mozas sobre un dos problemas ambientais máis importantes que sofre o noso planeta, o Cambio Climático. Esta campaña, que comezou en Alemaña no ano 1998, os mozos e mozas apostan que son capaces de reducir as súas emisións de CO2 no periodo de febreiro a maio do 2007.En Galicia vense facendo desde o 2002, pero por vez primeira a
administración galega exerce o papel de contraparte da “A Aposta”. “Este ano a Consellería de Medio Ambiente premia cun día de lecer e contacto coas enerxías renovables no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas e cun xogo de comercio xusto a todos os participantes. Aqueles colexios que acadaron o seu compromiso de redución do 8%, a Consellería ten gardado un premio especial para compensar os seu esforzos”, declara Cristina Gómez,
responsable da Campaña.
Desde o día 4 Xuño e continuando na semana do día do Medio Ambiente ata o día 11 de Xuño, os colexios participantes poden experimentar de primeira man o funcionamento das enerxías renovables e disfrutarán de xogos e dinámicas ambientais. O día 4, son os representantes da Consellería os que dan o premio aos gañadores da A Aposta.
Unha vez máis a xuventude demostrou ás autoridades que en efecto é posible reducir a emisión de CO2 sen facer grandes inversións, pero con medidas cotiás e de sentido común. Un importante aforro e sobre todo unha importante laboura de concienciación, xa que agora son conscientes das fugas de enerxías do centro e por onde poden actuar para mitigar o cambio climático.
Amigos da Terra Galicia

