Ir o contido principal
iniciar sesión

Concurso de Redacción: Por un mundo máis xusto, faite solidari@

A este concurso foron animados a participar as mozas e mozos dos Centros de Ensino de Secundario de Galicia e participaron mais de trinta rapaces dos concellos de Burela, Ferrol, Lousame, Ourense, Poio, Santiago e Vigo.
O xurado estivo composto polos seguintes membros: Salvador García-Bodaño Zunzunegui ( Real Academia Galega), Agustín Fernández Paz (Consello da Cultura Galega), Miguel Anxo Fernán-Vello (Asociación de Escritores en Lingua Galega), Xerardo Roca (Asociación Socio-Pedagóxica Galega), Fabiola Sotelo Blanco (Asociación Galega de Editores), Adelaida Negreira Ribeiro (Fondo Galego), e Xulio Ríos (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional), que actuou en calidade de Secretario do xurado, con voz pero sen voto.
No fallo se tivo en conta a calidade literaria do texto, a riqueza expresiva, a madurez da reflexión, e o compromiso coa denuncia e reclamación da fin da violencia como premisa para o exercicio da solidariedade.
Tras a deliberación acordou outorgarlle por unanimidade o premio a Vanesa Balboa Salomón, do IES de Poio (Pontevedra), polo seu texto: O meu anxo. Estableceu os seguintes finalistas: Miriam Couso Pérez, do IES de Poio (Pontevedra), polo seu texto: A crúa vida muller no día a día; e Nerea Millos Barreiro, do IES de Teis (Vigo), polo seu texto: Carta desde o cárcere.
O primeiro premio está dotado cunha cámara dixital e os dous finalistas recibiran un diploma e un agasallo. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedadeé unha entidade municipalista que impulsa e coordina proxectos de cooperación internacional ao desenvolvemento. A sensibilización é un capitulo importantísimo da súa estratexia e por iso promove actividades tendentes a involucrar aos colectivos sociais do noso país. Para o Fondo Galego é fundamental involucrar no proceso de sensibilización aos futuros axentes sociais.
O acta da reunión do xurado do Concurso de Redacción e as redaccións premiadas pódense atopar no seguinte enderezo: www.igadi.org
Igadi