Ir o contido principal
iniciar sesión

Os asistentes ao curso de verán Robots e humanos: cara á convivencia participarán en demostracións prácticas do funcionamiento de distintos robots

Este curso, que se desenvolverá entre os días 19 e 22 de xullo no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, está dirixido polos profesores Alberto Bugarín Diz e José Luis Correa Pombo, membros do Grupo de Sistemas Intelixentes do Departamento de Electrónica e Computación da Universidade de Santiago, contando con cofinanciamento do Instituto de Informática da USC e da Fundación dInTel para a difusión das enxeñerías informática e de telecomunicación.
A robótica é unha ciencia relativamente recente sobre a que a humanidade mantén unha relación complexa e ambígua. Por unha banda, e igual que con calquera outro avance tecnolóxico, a súa utilización masiva nos distintos sistemas de producción implica certa competencia cos seres humanos, que se traduce en recelo, medo, e tamén rexeitamento. Por outra banda, a creación de robots significa un desafío científico e tecnolóxico e tamén permite a solución de problemas antes inabordables (exploración de planetas, actividades submarinas, manipulación de explosivos, etc.) así como un uso cada vez máis extendido no sector servicios (axuda a discapacitados, mascotas, guías, etc.). Este curso deseñouse tanto para entender as distintas perspectivas desta interacción entre robots e seres humanos nas sociedades modernas coma para comprender mellor as limitacións e aplicacións dos robots actuais.
No curso incluiranse por unha parte unha serie de conferencias impartidas por recoñecidos especialistas e, por outra, mesas redondas que tentarán presentar dun modo máis informal e propicio para a participación dos asistentes as opinións dos expertos respecto a temas de especial transcendencia. Tamén se inclúen tres talleres nos que os asistentes poderán asistir á demostración práctica do funcionamiento de distintos robots.
Entre os talleres destaca o dedicado a nunha competición científico-deportiva que se celebra anualmente, a Robocup (www.robocup.org), no que diversos equipos de robots xogan ao futbol agrupados en distintas ligas segundo o seu tamaño. Este ano terá lugar a 8ª edición en Lisboa (www.robocup2004.pt) coincidindo coa celebración en Portugal da Eurocopa 2004, poucos días antes das datas nas que se celebra o curso da USC. Neste tipo de competicións pódense desenvolver dun xeito máis lúdico e accesible ao gran público diversos aspectos claves da programación dos robots como execución de tarefas complexas, traballo en equipo, aprendizaxe, cooperación, planificación ou reactividade. O robot que se mostrará como exemplo será Aibo (www.aibo.com), unha mascota robótica con forma de can construída e distribuída pola multinacional Sony.
Gabinete Comunicación USC