Entregados os premios Curtas na Rede 2009, con récord de participación
O certame Curtas na Rede, puxo o broche final á súa IV edición, cun gran éxito de participación, xa que foron case 250 pezas as presentadas, tres veces máis que en edicións anteriores. O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presidiu esta tarde a gala de entrega de premios desta cuarta edición á que se presentaron obras de autores galegos e, tamén, proxectos audiovisuais procedentes de países como Portugal, Arxentina, México, Chile ou Australia.O concurso repartiu este ano máis de 30.000 euros, sen deixar de lado os seus obxectivos orixinais. En primeiro termo, a exploración e o coñecemento da creatividade audiovisual presente na poboación, servindo de escaparate para a creación fora da industria e promovendo a súa actividade. O certame persegue o consolidación de internet como un espazo útil para a exposición visual dos traballos, ao tempo que logra crear un punto de encontro e interatividade.
Así, todas aquelas persoas, de quince anos en adiante, interesadas no mundo da creación audiovisual e multimedia, teñen en Curtas na Rede un dos mellores espazos posibles para desenrolar a súa creatividade.
As curtas, máis que nunca, estrelas do certame
O certame divídese en tres seccións, e a modalidade estrela é a de curtametraxes, na que participaron 167 proxectos, o dobre que na edición anterior. As curtas debían ser inéditas e non podían exceder dos cinco minutos de duración, cinguíndose este ano a catro xéneros: ficción, experimental, documental e animación. As outras dúas seccións son as micromovies e as cápsulas.
O secretario Xeral de Política Lingüística foi o encargado de entregar o premio á mellor curtametraxe en galego a Xabier Marqués Solla por Freud&Company. O premio á mellor curtametraxe en castelán recaeu en Pedro Moreno por Señales.
Os premiados
O primeiro premio das curtas de ficción, xénero onde se concentraron a maioría das curtas, case 90, foi para Andrés Goteira por O Paquete. No xénero documental, o primeiro premio foi para Marcos Nine por Aarón. En experimental, os gañadores foron Juan Lesta e Belén Moreno por ANIM 01. Finalmente, na categoría de animación, a gañadora foi a galega María Becerra coa curta Lelo e as estacións.
Completan o concurso dúas categorías máis, a de micromovies e a de cápsulas. Dentro das cápsulas -pezas curtas cunha duración non superior aos tres minutos-, a premiada foi Jeriatric Park de Rafael Navarro; e a micromovie (traballos realizados coa cámara do teléfono móbil que non poden exceder os 30 segundos de duración), GPS de Marcos Fernández Vázquez.
Iria Pinheiro (Freud & Co) e Xabier Pan (Raccord do carallo), recibiron o premio á mellor interpretación feminina e masculina, respectivamente. O premio para a mellor bitácora, outra das modalidades do concurso, foi para Toño Bouza por Disparo de Nieve, mentres que o de mellor guión recaeu en Flavio Pires por Naufragio; o galardón á mellor montaxe foi para a curta Agua do Galder Arriaga e mellor dirección para Toño Chouza por Ausencia de Cambio.
Finalmente, os premios outogardos polo público a través das votacións na páxina web do certame (www.curtasnarede.es) foron para a curta Amor rabiscos e outras coisas e a cápsula Beach Baby, ambas do portugués Hugo Ricardo Sousa Ferreira; e, na categoría de micromovie, Game Over, de Adán Pichardo.
Colaboradores
A esta cuarta edición do certame, asistiron, entre outros, a presidenta en funcións do Consello da Xuventude de Galicia, María Dolores Rodríguez Amoroso, o director de AGADIC, D. Juan Carlos Fernández Fasero, a subdirectora de Promoción de Actividades da Dirección Xeral de Xuventude, Yolanda Otero e o director do Centro Galego de Artes da Imaxe, Guillermo Escrigas. Así mesmo, tamén asistiron numerosos concelleiros e delegados provincias da Coruña, así como representantes das entidades colaboradoras.
Para levar a cabo a edición deste ano contouse coa colaboración de numerosas entidades. Así, participan en Curtas na Rede 2008, a Secretaría Xeral de Emigración, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, a Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), a Compañía de Radiotelevisión de Galicia (programa Onda Curta), a Compañía R Cable e Telecomunicacións Galicia S.A, a Fundación Caixa Galicia, o Consejo de la Juventud de España (CJE), a Fundaçao da Juventude e a participación do Eixo Atlántico.
Calquera das 250 pezas inscritas presentadas pódese visualizar na páxina web: (www.curtasnarede.es).
Para concertar entrevistas cos premiados, poden facelo a través do teléfono 627719048 (María García)
LISTAXE DE PREMIOS CURTAS NA REDE 09
* CURTAMETRAXES - CATEGORÍA FICCIÓN
1º Premio da secretaría xeral de Emigración (1500€): O Paquete de Andrés Goteira de Meira (Lugo).
2º Premio da secretaría xeral de Emigración (1000€): Turno de Noche de Víctor Palacios, de Valencia.
3º Premio da secretaría xeral de Emigración (500€): La trampa del ratón de Juan Pedro Pérez, da Estrada (Pontevedra).
* CURTAMETRAXES - CATEGORÍA EXPERIMENTAL
1º Premio da Secretaría Xeral de Medios (1500€): ANIM 01 de Juan Lesta e Belén Moreno da Coruña.
2º Premio da Secretaría Xeral de Medios (1000€): En garde! de Emiliano Cano de Madrid.
3º Premio da Secretaría Xeral de Medios (500€): Meticulosidade de Martín Vázquez Baño da Coruña
* CURTAMETRAXES - CATEGORÍA DOCUMENTAL
1º Premio da dirección xeral de Creación e Difusión Cultural (1500€): Aarón de Marcos Nine da Illa de Arousa
2º Premio da dirección xeral de Creación e Difusión Cultural (1000€): Elephant de Octavio Sendoya de Guipúzcoa.
3º Premio da dirección xeral de Creación e Difusión Cultural (500€): Grissinopoli, la nueva esperanza de María Pilar Reyna Muniain de Arxentina.
* CURTAMETRAXES - CATEGORÍA ANIMACIÓN
1º Premio do Consello da Xuventude de Galicia (1500€): Lelo e as estacións de María Becerra da Coruña
2º Premio do Consello da Xuventude de Galicia (1000€): Manos jugando en el espacio de Julian Alkorta de Guipúzcoa.
3º Premio do Consello da Xuventude de Galicia (500€): Lina Plastilina de Mercedes Pimiento de Sevilla.
* MICROMOVIES
Premio da dirección xeral de Creación e Difusión Cultural (1500€)
GPS de Marcos Fernández Vázquez, de Ourense.
* CÁPSULAS
Premio da dirección xeral de Creación e Difusión Cultural (1500€)
Jeriatric Park de Rafael Navarro de Valencia.
* MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA
Premio Gadisa (1500 €)
CANDIDATOS:
- Iria Pinheiro por Freud & Co (GAÑADORA)
- Mariona Tena por Ausencia de Cambio
- Ángela Palacios por La Orilla
* MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA
Premio Eixo Atlántico (1500 €)
CANDIDATOS:
- Xabier Pan por Raccord do Carallo (GAÑADOR)
- Celso Callón por O Bacalhau
- Manuel Pérez por La Trampa del Ratón
* MELLOR GUIÓN
Premio Agadic (1500 €)
CANDIDATOS:
- Naufragio de Flavio Pires (GAÑADOR), de Portugal.
- Freud & Co de Xabier Marqués
- Señales de Pedro Moreno
* MELLOR MONTAXE
Premio Agadic (1500 €)
CANDIDATOS:
- Agua de Galder Arriaga (GAÑADOR), de Madrid.
- Green de Daniel Vázquez
- O Paquete de Andrés Goteira
* MELLOR DIRECCIÓN
Premio Agadic (1500 €)
CANDIDATOS:
- Toño Chouza por Ausencia de Cambio (GAÑADOR), de Boiro.
- Andrés Goteira por O Paquete
- Alejandro Herdocia por Los Instantes Perdidos
* MELLOR CURTA EN CASTELÁN
Premio Consejo de la Juventud de España (1500 €)
- Señales de Pedro Moreno, de Madrid.
* MELLOR CURTA EN GALEGO
Premio Secretaría Xeral de Política Lingüística (1500 €)
- Freud & Co de Xabier Marqués, de Vilagarcía
*MELLOR BITÁCORA
Premio da Secretaría Xeral de Medios
- Disparo de Nieve de Toño Chouza, de Boiro
* PREMIO DO PÚBLICO Á MELLOR CURTAMETRAXE
Premio da Secretaría Xeral de Política Lingüística
- Amor rabiscos e outras coisas, de Hugo Ricardo Sousa Ferreira de Portugal
* PREMIO DO PÚBLICO Á MELLOR CÁPSULA
Premio de AGADIC
- Beach Baby, de Hugo Ricardo Sousa Ferreira de Portugal
* PREMIO DO PÚBLICO Á MELLOR MICROMOVIE
Premio da Compañía R
- Game Over, de Adán Pichardo de Huelva
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

