Ir o contido principal
iniciar sesión

Hostelería acolleu o I Concurso Nacional de Receitas de Rodaballo

O Centro Superior de Hostelería de Galicia acolleu o I Concurso de Receitas de Rodaballo para Profesionais. O acto, que se engloba dentro da campaña para a promoción do rodaballo de crianza, logrou reunir máis de 100 receitas de profesionais de toda a xeografía española, das que só cinco conseguiron chegar ata a gran final.

No acto, presidido por Rosa Quintana, conselleria do Mar; José Andrés, prestixioso cociñeiro e presidente do xurado; Enrique del Llano, presidente da Asociación Nacional de Productores de Rodaballo-OPP.59 e Patricia Cuevas, directora do CSHG acudiron diversas persoalidades do mundo político, social e gastronómico.

As receitas que se presentaron foron todas creacións que tomaron como base o rodaballo de acuicultura, un peixe que pola súa peculiar textura e sabor se adapta a calquera tipo de preparación.

Premiados e xurado

O primeiro premio foi para o chef murciano José Carlos Fuentes, do restaurante Palacete Rural de la Seda, pola súa receita “Gallo Pedro entre Salicornias e Espinacas’. O segundo recaeu en José Luis Cobacho, do restaurante Can Baladía, El Maresme, de Barcelona. En terceiro lugar quedou Mar Torres, do restaurante Niovel, de León, polo que recibiu un trofeo, diploma e 1.500 euros.

No caso dos accesits o primeiro foi para Dhenis Cappellino, do restaurante Ensenada-Gran Hotel A Toxa e o segundo para Valentín de la Hera, do restaurante Diabolo de Madrid.

O xurado estivo composto polo prestixioso cociñeiro José Andrés, polo crítico gastronómico e columnista de El País, José Carlos Capel, por Beatriz Sotelo, gañadora do concurso Cociñeiro del año 2008, polo chef Rivera, afamado chef galego e presidente de Euro-Toques Galicia e por Roberto Walter, responsable do departamento de Cociña do CSHG.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia