A subasta da cea co presidente da Xunta, pechada en 1.300 euros
A Presidenta de NNXX de Galicia, María Seoane, expresou o seu agradecemento polas donacións feitas tanto polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, coma do Presidente do Partido Popular de España, Mariano Rajoy, así como da Presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, e dos conselleiros da Xunta de Galicia. Asemade, expresou unha especial gratitude a aqueles que coa súa participación contribuíron a obter os case 3.000 euros recadados, dos que, segundo indica, 1.300 euros foron conseguidos coa subasta da cea con Feijóo.Os membros de Novas Xeracións mostráronse satisfeitos pola receptividade acadada con esta iniciativa e agora dedican todos os seus esforzos para facer chegar aos distintos centros de menores, e en colaboración con Cáritas e cos Reis Magos, os agasallos adquiridos cos beneficios obtidos na poxa.
Así mesmo, afirman que parte dese diñeiro conseguido se vai destinar tamén a proxectos infantís que leva a cabo a Cruz Roja.
Novas Xeracións lamenta que o PSOE, a través da súa deputada, Beatriz Sestayo, teñan tan pouca sensibilidade e cuestionen esta iniciativa que o único que pretende é axudar de xeito humilde e desinteresado na medida das limitadas posibilidades dunha asociación de mozos e mozas.
Poida ser que o que lle molesta a Beatriz Sestayo é o feito de que non se lle tivo ocurrido nin a ela nin á asociación xuvenil da formación política na que milita.
Para a Presidenta de Novas Xeracións calquera axuda en materia social é pouca e Sestayo debería sabelo polo que lle anima a recapacitar e a puxar na vindeira convocatoria.
Afortunadamente, o éxito da puxa demostra que persoas tan insolidarias como Sestayo quedan poucas.
Novas Xeracións espera que esta iniciativa poida ser continuada nos vindeiros anos.
Novas Xeracións do PPdeG

