Presentada a Guía de Prácticas e Saídas Profesionais na UE
O equipo da Fundación Galicia Europa presentou aos estudantes da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela a segunda edición, máis ampla e actualizada, da “Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais”.
O manual constitúe unha recompilación e síntese das bolsas que ofrecen a Fundación Galicia Europa, as consellerías da Xunta de Galicia, entidades públicas ou privadas de prestixio, institucións da UE, e organizacións internacionais como a ONU, o FMI, a OMC, o Banco Mundial; sen esquecer a cooperación internacional, con organismos como a AECID, Cruz Vermella e Intermon Oxfam, entre outros.
A guía recolle diversos tipos de colaboración con estes organismos: estadías, prácticas non remuneradas, bolsas de formación, campamentos de verán, intercambios para profesores ou lectores, voluntariado europeo; ata os procedementos para obter postos de traballo en organismos internacionais ou mesmo constituírse en axente contractual da UE.
Ademais, en todo este abano de posibilidades especifícanse os prazos de solicitude, os requisitos, o lugar onde se realizarían as prácticas e ata a retribución, e non caso de non habela, apúntanse fórmulas para obter compensacións económicas.
A formación como un investimento de futuro
O obxectivo desta “Guía de saídas laborais na Unión Europea e organizacións internacionais” consiste en dar información máis completa, á vez que sinxela, aos mozos e mozas galegas coa fin de que aproveiten as grandes oportunidades de formación que se lle brindan e, deste xeito, vaian iniciando o largo camiño do seu futuro laboral.
Continuar formándose máis alá das titulacións académicas é unha opción que non debe deixarse de lado ao volverse o mercado laboral cada vez máis esixente e competitivo. A guía está dispoñible en formato electrónico nesta ligazón.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia