Ir o contido principal
iniciar sesión

Alumnos do Centro Superior de Hostelería de Galicia presentan o seu proxecto fin de carreira

Un grupo de alumnos de 2º de Certificado en Xestión e Elaboración en Cociña, leva a cabo a semana de explotación do proxecto fin de carreira que consiste na creación dende os comezos de un Restaurante. Nesta ocasión trátase do "Restaurante Contacto", no que os alumnos deseñan as cartas, horarios, toda a parte de xestión, Recursos Humáns, ect..., e durante a semana do 14 ao 18 de marzo trasladan á realidade o proxecto coa apertura do restaurante.

O restaurante está localizado nas instalacións do Restaurante Carta do Centro Superior (Ctra, Santiago Noia km1, A Barcia, Santiago de Compostela. Está aberto ao público e só é preciso chamar previamente para efectuar unha reserva ao número de teléfono
666 840 803.

Os menús son un tanto curiosos, xa que acercan ao público en xeral as técnicas culinarias de vanguardia e facen que o cliente interactúe co plato, ofrecéndolle aos clientes a oportunidade de fabricar eles mesmos unha esferificación: achégaselle á mesa un pequeno agasallo gastronómico feito con nitróxeno líquido, que lles fará votar fume, unha experiencia digna de disfrutar xunto con outras moitas curiosidades gastronómicas como xeo seco ou chocolates especiados. Para descubrilas será preciso achegarse ao Restaurante Contacto. Existe un menú degustación onde o cliente pode probar 2 entrantes, 1 carne un peixe e un postre.

O listado de platos e precios aparecen na web: www.restaurantecontacto.com e en Facebook "Con Tacto" onde poden ver fotos dos pratos e actividades case a tempo real, así coma no blog http://restaurantecontacto.com onde poden ir vendo a evolución do proxecto ata o momento.

Os alumnos amósanse moi ilusionados co proxecto no que volcaron os seus esforzos e agardan que sexa un éxito.
Sabela Castro (alumna do Centro Superior de Hostelería de Galicia)