Ir o contido principal
iniciar sesión

A USC publica unha guía práctica para o estudantado

Organizada en preguntas e respostas, dun xeito eminentemente práctico e adaptado a cuestións concretas, a USC acaba de facer pública unha Guía orientada especificamente ao estudantado.

En total ofrécese resposta a un total de 69 cuestións relacionadas coas normativas de permanencia nos estudos de Grao e Máster, de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións, así como sobre a normativa que regula unha oportunidade de recuperación para os plans de estudo en proceso de extinción.

Que clase de matrícula ofrece a USC, quen pode matricularse a tempo parcial, a cantas convocatorias se ten dereito nun curso académico e como se esgotan ou consumen, pódese renunciar á convocatoria, que dereitos ten o estudantado respecto das datas do exame, como se valorará a asistencia a clase, como se fixan as probas oficiais orais ou en que prazo hai que presentar a reclamación contra a avaliación, son algúns exemplos das cuestións tratadas nesta guía.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)