Ábrese o prazo de inscrición no Xuventude Galicia Net
O 16 de abril abre o período de inscrición para a XIII edición de Xuventude Galicia Net, que se celebrará do 4 ao 6 de maio no Pazo de congresos e exposicións de Galicia de Santiago de Compostela. Nesta edición, poderán participar uns 1.000 mozos e mozas na ‘party’, aos que se sumarán os asistentes que acudan ás actividades de acceso libre que se desenvolverán durante estes días.
Para inscribirse, os interesados deben seguir as instrucións que aparecen na web do evento, á que poden acceder desde a páxina web http://xuventude.xunta.es. As prazas serán asignadas por rigoroso orde de inscrición.
A prioridade deste ano é a proposta formativa e a busca de emprego para os mozos e mozas que participen no evento, e para iso contarase coa presenza de profesionais e expertos do sector das novas tecnoloxías e da empresa xeral. Así, durante os tres días celebraranse charlas e conferencias con poñentes recoñecidos nacional e internacionalmente, así como obradoiros, charlas-coloquios e mesas redondas. O obxectivo é consolidar a formación deste evento como un referente a nivel nacional no mundo das novas tecnoloxías.
As xornadas dividiranse en catro temáticas principais: o emprego e as oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías; a formación dedicada aos pais; as startup’s; e o ciber voluntariado. Para cada área, reuniranse profesionais das distintas disciplinas para amosar as súas experiencias.
Ademais, haberá tamén tempo para o ocio, e os exteriores serán tamén unha extensión do Xuventude Galicia Net. Os interesados poderán, entre outras actividades, empregar o campo de paintball; asistir ás noites temáticas de cine, consolas e videoxogos; ou asistir a cursos de defensa persoal, xogo do pau, e esgrima antiga europea.
Todas estas actividades da “extranet”, así como as charlas, serán de balde e de acceso libre.
Xa dentro propiamente da ‘party’ desenvolveranse competicións oficiais de videoxogos; realizaranse competicións de “Future Arena Torunament”, a liga amateur de e-sports que se vén realizando nos encontros informáticos de diversos puntos de España. Deste xeito, os participantes poderán xogar cos seus ordenadores nos campionatos de Counter Strike 1.6, League of Legends, FIFA 2012, Super Street Fighter 4, Trackmanis, Quake Live e Tekken 6.
Na ‘party’ tamén se levarán a cabo distintas actividades relacionadas co ‘modding’ (consistente en modificar, de forma estética ou funcional, os ordenadores), hardware e ‘overclocking’ (unha técnica que consiste en aproveitar ao máximo os compoñentes orixinais dun sistema informático para que funcionen a maior rendemento), a través de obradoiros, charlas e exhibicións.
Por exemplo, no obradoiro de “modding” os participantes poderán adquirir coñecementos sobre como confeccionar os seus propios deseños e a súa posterior plasmación nos equipos informáticos. Cabe destacar que este ano, por primeira vez, celebrarase o “Torneo nacional de modding: Premio Xuventude.net”, primeira fase galega do “Future Modding Tournament” nas categorías de casemod e casecon.
Xa no eido do overclocking, haberá unha charla na que os interesados poderán informarse sobre como acadar o maior rendemento do seu ordenador. Nesta actividade, combinarase a formación teórica cun taller práctico.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia