O certame Xuventude Crea premia ata once modalidades artísticas diferentes
A Consellería de Traballo e Benestar vén de convocar o programa “Xuventude Crea” para este ano 2012. Este certame inclúe a posibilidade de concursar ata en 11 modalidades artísticas diferentes.
A iniciativa vai dirixida a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos que sexan non profesionais. Os interesados poderán tomar parte nas distintas especialidades: teatro, artes plásticas, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, deseño de xoias e monólogos.
Os gañadores percibirán 3.000 euros para os que queden en primeiro lugar; 1.500 euros para os de segundo lugar e 1.000 euros para os terceiros. Ademais, os gañadores das categorías de teatro, música e monólogos –a parte de recibir o premio en metálico- poderán desenvolver as súas propias actuacións. En concreto, os que obteñan o primeiro lugar en cada unha destas categorías poderán levar a cabo dúas actuacións; mentres que os que ocupan o segundo e terceiro lugar obterán unha actuación.
Ademais, tamén se poderán entregar mencións de honra nas distintas modalidades a aquelas obras que segundo o xuízo da comisión de selección acaden a suficiente calidade. Estas mencións carecerán de dotación económica.
Os interesados en tomar parte neste programa poderán presentar as súas obras ata o próximo 13 de xullo. Salvo o caso de teatro, música, banda deseñada e graffiti, a participación será sempre a título individual.
Cabe lembrar que a obra dos gañadores pasarán a forma parte do circuíto da creatividade, posto en marcha pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, co fin de dar a coñecer as obras dos gañadores a través da exposición pública dos seus traballos.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia