Ir o contido principal
iniciar sesión

José Carlos Díaz Ramos, doutorando da USC, consigue dous premios no primeiro Concurso Sftmat-04 de software científico

Díaz Ramos foi meredecor dos premios na cateogoría Addlink e Wolfram, concedidos ao mellor traballo de entre os presentados e ao mellor traballo na cateogría Mathematica, respectivamente. O traballo do doutorando da USC levada por título Esferas xeodéxisas en variedades de Riemann. Sofmat-o4 é un concurso dirixido aos alumnos matriculados en calquera das universidades do territorio nacional durante o curso 2003-2004 para a elaboración de traballos desenvolvido mediante algunha das ferramentas de software matemático, ‘Matemática’, ‘Mapple’ ou ‘Mathcad’. Os traballos debían consistir en material docente (libros electrónicos, aplicacións para a ensinanza,...), aplicacións científicas ou técnicas nas áreas teóricas ou práctica das ciencias e enxeñarías, que teñan sido desenvolvidas cunha das anteriores ferramentas de software matemático.
O traballo gañador
Unha variedade semi-Riemanniana é un espazo localmente Euclídeo dotado dunha estrutura que permite medir distancias e ángulos. O seu estudo é o tema central da Xeometría Diferencial e a ferramenta fundamental da Relatividade Xeral e Cosmoloxía. Esencialmente, unha esfera xeodésica é o conxunto de puntos dunha variedade que equidistan doutro chamado centro. Un dos programas de investigación máis significativos durante os últimos anos pretende averiguar en qué medida as propiedades das esferas xeodésicas influencian a xeometría da variedade ambiente. Para respostar a esta incógnita a menudo se recurriu a determinar os obxetos xeométricos das esferas xeodésicas mediante os seus desenvolvementos en serie de potencias. O paquete presentado ten como obxectivo a realización de longos cálculos que estes desenvolvementos supoñen, introducindo os algoritmos clásicos ata agora empregados, así como novas funcións cuxo obxectivo é simplificar as complicadas expresións que con frecuencia retraeran a outros matemáticos de facer estes cómputos.
José Carlos Díaz Ramos
Licenciado en Matemáticas pola USC no ano 2001, José Carlos Díaz é alumno de Terceiro Ciclo no Departamento de Xeometría e Topoloxía da institución docente compostelá, onde se atopa traballando na elaboración da súa tese de doutoramento sobre problemas de comparación de volumes e invariantes xeométricas de esferas xeodésicas e discos en variedades Riemannianas.
O traballo presentado ao concurso Sofmat-04 foi desenvolvido durante os anos 2002-2003, nos que Díaz Ramos foi alumno de Terceiro Ciclo no programa de doutoramento ‘Matemáticas (Álxebra, Análise Matemática e Xeometría e Topoloxía)’ organizado polo Instituto de Matemáticas da USC. O desenvolvemento do traballo premiado permitiu levar a cabo os estudos encamiñados á realización do traballos de investigación ‘Curvaturas totais de esferas xeodésicas’ e ‘Caracterización de variedades Riemannianas mediante curvaturas escalares totais de esferas xeodésicas’ baixo a dirección dos profesores Eduardo García Río e Luis M. Hervella Torrón, cos que obtivo o Diploma de Estudos Avanzados pola USC en xullo de 2002.
Complementando a súa formación, José Carlos Díaz Ramos acaba de rematar unha estadía de investigación no Departamento de Matemáticas da University College Cork (Irlanda), onde traballou co profesor Jurgen Berndt sobre a relación existente entre certos tipos de subvariedades e propiedades de homoxeneidade.
Gabinete de Comunicación USC