Ir o contido principal
iniciar sesión

Arrinca no CENTRAD unha nova quenda de obradoiros infantís de pintura, xoiería e grafitti

Con estes 45, xa son 180 os nenos da provincia que durante as vacacións escolares puideron coñecer de primeira man os oficios tradicionais e as técnicas artísticas máis novedosas cunha programación de cursos cos que a Deputación ofreceu un tempo de ocio diferente e colaborou na conciliación da vida familiar e laboral.

Os cursos que teñen lugar dende hoxe ata o vindeiro día 31 son os seguintes:

- obradoiros de pintura para nenos de 5 a 10 anos. Aprenderán diferentes técnicas de pintura para traballar nas súas pequenas obras de arte de xeito individual ou colectivo.
- obradoiros de xoiería para nenos de 8 a 14. Farán prendedores, colgantes ou chaveiros en arxila, que moldearán e pintarán eles mesmos
- obradoiros de grafitti para rapaces de 12 a 16 anos. O curso máis novidoso desta programación, no que terán a oportunidade de deixar a súa pegada con spray de cores en paneles de DM.

Coma é habitual, todos estes obradoiros se desenvolven nas instalacións do CENTRAD en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Deputación Provincial de Lugo