AGE pide á Xunta que evite a redución dun tercio das bolsas predoutorais
Un terzo das 75 bolsas predoutorais da Xunta podería perderse nun limbo burocrático se a Consellaría de Educación non atende ás reivindicacións dos estudantes que, arestora, figuran na lista de espera das mesmas.
A situación, que o deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) David Fernández Calviño coñeceu a través dos propios afectados e afectadas, derívase da concorrencia simultánea dalgunhas persoas ás bolsas da consellería e ás FPU (Formación do Profesorado Universitario) do Ministerio de Educación. En concreto, 23 estudantes que tiñan concedida a axuda da Xunta recibiron, con meses de atraso, a notificación de que o ministerio tamén os admitía. As condicións desta última bolsa son máis favorábeis –catro anos de duración fronte á tres da autonómica-, polo que usualmente os beneficiados con ela renuncian á bolsa da consellaría.
Isto movería a lista de espera e permitiría a outros investigadores acceder ás axudas autonómicas. Pero os prazos das convocatorias e da renuncia ás bolsas provocan unha disfunción e fan que, ao non ter que optar polas bolsas do ministerio antes de que rematen os catro meses estabelecidos nas axudas da Xunta –o 22 de marzo-, ate 23 bolsas poderían quedar baleiras.
Estas bolsas predoutorais da Consellaría de Educación fináncianse moi maioritariamente con cartos do Fondo Social Europeo. Se estes fondos non son empregados, a Xunta tera que os devolver. Fernández Calviño solicitou á Consellaría de Educación que modifique a orde das axudas e amplíe o prazo para que así 23 novas persoas –no lugar das que aceptarán a do ministerio- poidan beneficiarse das bolsas para levar adiante as súas investigacións. “Este tipo de programas contribúen a que as cousas melloren no noso país”, afirmou.
A burocracia non debe impedir o desenvolvemento da investigación. Dúas investigadoras afectadas acompañaron ao parlamentario de AGE e explicaron como a Secretaría Xeral de Universidades lles asegurou a “imposibilidade” de solucionar o problema e que o único xeito sería “impugnar a convocatoria, pero xa estades fóra de prazo”. Do propio secretario xeral e do conselleiro só recibiron o silencio por resposta ás súas chamadas e correos electrónicos. “Modifícanse ordes continuamente”, expuxo Fernández Calviño, “ e outras cousas axiña se cambian”.

Daniel Salgado (Gabinete de Comunicación de Alternativa Galega de Esquerda -AGE-)