Sanidade lembra os consellos básicos a seguir para unha alimentación saudable e segura no verán
Sanidade subliña que as temperaturas máis altas do verán poden favorecer o deterioro máis rápido das comidas e, por iso, non deberían transcorrer máis de dúas horas entre o cociñado e o seu consumo, agás que se conserven a temperaturas menores de 5ºC e protexidas dos insectos ou outros animais.
A hixiene frecuente das mans cando se está a manipular alimentos é sempre importante, pero especialmente no verán, dado que as condicións térmicas provocan o maior estrago dos mesmos. É conveniente lavalas cando se comece o traballo de manipulación e despois de calquera interrupción no mesmo. Por este motivo, debe atenderse cun especial coidado á limpeza das superficies de cociña e mantelas sempre ben coidadas. Tamén é importante, á hora de almacenar os alimentos, que se separen os crus dos cociñados e que nunca entren en contacto.
A Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade engade que ás medidas preventivas divulgadas pola Organización Mundial da Saúde deben completarse coa recomendación de que só se consuman alimentos dos que se coñece a súa orixe.
En canto ao mantemento dunha alimentación saudable, Sanidade lembra que é necesario que esta sexa variada e rica en froitas e verduras, sen esquecer lavalas previamente con auga potable, a única que debe consumirse. Do mesmo xeito, débense introducir na dieta outros alimentos ricos en fibra como os cereais integrais, pois provocan diversos efectos beneficiosos no organismo e axudan á prevención de enfermidades.
A Consellería indica tamén outros consellos que se deben ter sempre presentes en canto á alimentación como consumir peixe varias veces por semana e moderar a inxestión de graxas, azucre e sal. Estas recomendacións son de carácter xeral, polo que tamén se aconsella que se adapten a cada persoa segundo as súas características mediante as indicacións médicas necesarias.
Para máis información neste ámbito pode acudirse á páxina do Servizo Galego de Saúde (http://www.sergas.es/) e á da iniciativa promovida pola Consellería Xente con Vida (http://xenteconvida.sergas.es).

Gabinete de Comunicación da Consellería de Sanidade