Os máster que non acaden 20 alumnos non poderán ofertarse no vindeiro curso
As universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG) deberán deixar de oferta no curso 2014/15 os máster que non acaden o número mínimo de 20 alumnos. Para a presente curso, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar na súa web unhas instrucións da Secretaría Xeral de Universidades polas que se prorroga para o 2013/14 a excepción do cumprimento deste requisito.
O obxectivo da Consellería con esta actuación é evitar prexudicar ás alumnas e alumnos que xa están matriculados nestas ensinanzas. Con todo, o departamento educativo da Xunta de Galicia aclara nestas instrucións que as universidades non poderán impartir – nin ofertar- o ano que vén as titulacións que este curso non cheguen á vintena de matriculas.
Esta disposición é parte da modificación do decreto que regula as titulacións universitarias en Galicia, se está a tramitar nestes momentos, xa que a devandita excepción impide a súa entrada en vigor para o inicio deste curso. Na nova redacción do decreto tamén indica que nestes casos a universidade non poderá impartir esa titulación no curso seguinte, será para o curso 2015-16 onde a universidade decidirá se ou ben se suprime da oferta ou ben se modifica o plano de estudos para facelo máis atractivo e adaptado ás demandas de formación de posgrao.
Cómpre sinalar que este non será o caso dos máster que habilitan para o exercicio dunha profesión regulada ou os vinculados ao programa europeo Erasmus Mundus xa que estes poderán impartirse sempre, independentemente do número de alumnos matriculados cada curso.
Con esta medida, que foi consensuada coas universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, a Consellería trata de facilitar a planificación da oferta desas institucións para cada curso académico e proporcionar ao alumnado a seguridade de poder cursar os estudos nos que se ten matriculado.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia