Ir o contido principal
iniciar sesión

Exposición Fotográfica Itinerante "Voyage 2014. Marruecos" de Igor Gonzalo

Conservando a mirada natural e a falta de pousados ou fotografías buscadas, Igor Gonzalo ofrécenos no seu 'Voyage' máis de autor, pinceladas sobre a vida neste país, a súa forma de trasladarse dunhas cidades a outras, a súa alimentación e a súa economía máis social. Deixando atrás a típica mirada turística ou a que estamos máis afeitos a ver, Igor Gonzalo destácanos imaxes da vida cotiá, fóra das rutas máis transitadas.

O autor, con 31 de anos de idade, está licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Burgos e postgraduado en Fotoxornalismo pola Universidade Autónoma de Barcelona. As súas imaxes son publicadas a nivel internacional en guías de viaxe como Repsol, Fodor's... e revistas especializadas como National Geographic, deViajes, Sky (do grupo de aeroliñas Delta Airlines)...

Anteriormente, as súas exposicións centráronse en lugares como Túnez, Portugal, Nova York, España e a capital dos últimos Xogos Olímpicos, Londres. En España puidéronse ver as súas imaxes en Cuenca, Burgos, Soria, Barcelona, La Rioja, Santiago de Compostela... e tamén fóra das nosas fronteiras, en Polonia, onde ademais impartiu varias charlas e talleres fotográficos; e lugar onde coordina xunto á fotoxornalista Cristina Pérez Parapar unha Viaxe Fotográfica para os que desexan aprender fotografía de viaxes dunha forma diferente (máis información en www.viajayfotografia.com).

Esta mostra, verase no Ateneo Ferrolan do 5 de Agosto (inauguración ás 20:30 h.) ata o 26 de Agosto. Tras iso, expoñerase no Castelo de Santa Cruz (Oleiros); logo na Universidade da Coruña e tras iso, viaxará cara a Castela e León.
Ateneo Ferrolán