O servizo Quérote + lanza unha campaña para a sensibilización por unha imaxe corporal libre de estereotipos
A través desta campaña, búscase ofrecer información e asesoramento á mocidade. Mostrarase a realidade dunha diversidade corporal en todos os seus diferentes aspectos (altura, cor de pel, anchura das cadeiras ou forma da boca, entre outros) e o valor da persoa no seu conxunto (no só dos aspectos físicos), ademais de ofrecerse a posibilidade de que os participantes consulten co equipo profesional do Quérote+ se lles xurde algunha dúbida persoal.Chegarase ata espazos de encontro xuvenil como piscinas, praias, prazas ou festas de 20 localidades galegas. Na mesma instalarase unha mesa informativa con material de Quérote+ xeral e específico de imaxe corporal, un “tendal” con frases suxerentes vinculadas coa imaxe corporal, e un roll-up no que mozos e mozas fanse fotos coa frase que lles resulte suxerente e lles guste.
Os adhesivos que se realizaron para a campaña recollen frase coñecidas, como ‘A beleza é un estado de ánimo’ (Émile Zola), ‘Se ti mesm@ @s demáis xa están escollidos’ (Oscar Wilde), ‘Non sabía que poñerme e púxenme feliz’, ‘Coma ti non hai ninguén’, ‘Amarse a si mesm@ é o comezo dunha aventura que dura toda a vida’ (Oscar Wilde), entre outras.
Obradoiros de imaxe corporal
A necesidade desta campaña detectouse a través das diversas actividades que os centros Quérote+ veñen desenvolvendo ao longo dos anos na interacción con mozas e mozos. Así, no curso lectivo 2012/2013, realizáronse 215 obradoiros sobre imaxe corporal e autoestima para mozas e mozos de entre 14 e 15 anos en máis de 100 centros de ensino, chegando a máis de 4.700 participantes.
Neses obradoiros manifestábase unha gran dificultade por recoñecer aspectos persoais positivos. De feito, para os mozos e mozas é un dos obradoiros máis valorados nestes últimos anos, e recoñecen necesitalo xa que é un tema que lles preocupa e que non saben como ou a quen dirixirse para afrontalo.
O número de consultas referentes a este tema sexa presencial, telefónica, en liña, ou a través de Whatsapp/Telegram, vai en aumento (no 2014 lévanse máis de 390 consultas). É frecuente que se acheguen rapazas novas con preocupacións pola súa imaxe, coa autoestima baixa, comentando as dificultades que todo isto lles supón á hora de relacionarse, e mesmo con problemas de trastornos alimenticios.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Traballo e Benesar

