Ir o contido principal
iniciar sesión

Coñécense os gañadores do XXXIX Certame de Debuxo Infantil do Belén de Begonte

O Xurado do XXXIX CERTAME DE DEBUXO INFANTIL, convocado polo Centro cultural JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN de Begonte co patrocinio da Caixa Rural Galega, formado por: JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN (Presidente do Centro Cultural), MANUEL GULÍN RODRÍGUEZ (pintor) e XULIO XIZ (Vicepresidente do Centro), acordou por unanimidade conceder os seguintes premios:

Categoría A (Ata 10 anos)
Primeiros premios:
JOSÉ PEDRO CORTIÑAS MONTOYA. 10 anos. Colexio de Begonte
NEREA ÁLVAREZ VALEA. 9 anos. Colexio de Lourenzá
SAUL FUENTE ÁLVAREZ. 9 anos. Colexio de Reinante
Segundos premios:
PILAR CARREIRA VALLE, 10 anos. Colexio de Begonte
DENISSE LÓPEZ PIQUERO. 10 anos. Colexio O Cantel-Foz
CANDELA DÍAZ AMIEIRO. 10 anos. Colexio O Cantel-Foz
ANTÍA MIRAGAYA VÁZQUEZ. 8 anos . Colexio Milagrosa-Lugo
MARÍA FERNÁNDEZ VILELA. 11 anos. Colexio Milagrosa-Lugo

Categoría B (11 a 15 anos)
Primeiros premios:
XAQUÍN SÁNCHEZ VILLALBA. 11 anos. Colexio de Lourenzá.
IREA FERREIRO LOPEZ. 11 anos. Colexio de Begonte
NATALIA MASEDA VEIGA. 11 anos. Colexio de Begonte
Segundos premios:
ZOHRA ITRIH. 14 anos. Colexio de Lourenzá
AINHOA LÓPEZ PÉREZ. 11 anos. Colexio Lois Tobío –Viveiro
MARÍA VÁZQUEZ. 13 anos. Instituto Vilar Ponte-Viveiro
CLAUDIA GRAÑA FERNANDEZ. Instituto Dionisio Gamallo-Ribadeo
LUCÍA GÓMEZ VARELA. 11 anos. Colexio de Begonte.

Os primeiros premios están dotados con 60€ e estatuíña de Sargadelos, e os segundos con 30€ e estatuíña. Os premios serán entregados o trinta e un de xaneiro, sábado, ás cinco da tarde, no salón de actos do Centro cultural José Domíngez Guizán de Begonte, no decurso dos actos de clausura de “O NADAL DE BEGONTE”.

X.X.