Ir o contido principal
iniciar sesión

O BNG reclama que os fondos da UE para combater o paro xuvenil freen a emigración masiva dos xóvenes

“Por exemplo, que o Goberno central desenvolva políticas públicas que garantan empregos para a mocidade dignos e de calidade, en lugar de permitir que se malgasten os fondos en programas inservíbeis incapaces de combater a exclusión do mercado laboral e mesmo a marcha do país da mocidade galega”, demanda a portavoz do BNG en Bruxelas e secretaria de Política Internacional, Ana Miranda.

Os fondos comunitarios para combater o desemprego entre a xente moza están orientados, segundo lembrou a eurocomisaria de emprego a estados membros cuxa taxa de paro xuvenil supere o 25%, porcentaxe que se duplica no Estado español.

Miranda subliña que miles de mozos e mozas, incluídos os máis formados, tiveron que marchar do país ante a falta de alternativas laborais, nun contexto de crise agravado polas políticas de recortes do PP, en particular en Educación e investigación, neste caso responsable da fuga de investigadores. “A situación está a ter consecuencias dramáticas non só en termos persoais, da vida de cada un dos e das afectadas, senón tamén en termos colectivos pola caída en picado da demografía no país”, subliñou.


Gabinete de Comunicación do BNG