Ir o contido principal
iniciar sesión

Un especilista en planificación urbana do MIT de Massachusetts visita a USC

O profesor James Buckley, especialista en planificación urbana do MIT, visita a USC
Actualizada: 16-04-2015 10:20
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo
O grupo de investigación Gist. Idega da USC recibe dende este venres 17 e ata o 21 de abril a visita do profesor James Buckely, do Massachusetts Institute of Technology (MIT, Boston-Estados Unidos), especialista en planificación urbana e desenvolvemento económico con ampla experiencia na xestión de políticas de vivenda social na Badía de San Francisco, en California.

Durante a súa estadía, financiada por la Fundación Fulbraight, manterá contactos con estudantes do grao en Xeografía e Ordenación do Territorio e dos Másters en Planificación e Xestión do Desenvolvemento Territorial e en Sociedade da Información e do Coñecemento, así como con investigadores do Gist. Idega.

En concreto, o luns 20 o profesor Buckley impartirá seminarios sobre a planificación urbana e rural na Badía de San Francisco e as liñas de investigación do Urban Planning Department do MIT.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)