Ir o contido principal
iniciar sesión

A Casa das Artes de Vigo acolle ata o domingo 13 de marzo a exposición fotográfica “¿Invisibles? Mulleres, traballo e sindicalismo. 1939-2000”

A planta primeira da Casa das Artes acolle, ata o vindeiro domingo 13 de marzo, a mostra fotográfica “¿Invisibles? Mulleres, traballo e sindicalismo.1939-2000”, como parte das actividades organizadas no marco da celebración do Día da Muller Traballadora.

Trátase dunha mostra, integrada por 87 fotografías e promovida polo Departamento de Cultura do Concello de Vigo e a Secretaría da Muller de CC.OO., na que se reflicte as condicións de vida e de traballo das mulleres ao longo de sesenta anos do século XX, iniciando o percorrido ao final da guerra civil.

A exposición pode visitarse de luns a venres en horario de 18.00 a 21.30 horas, o sábado de 11.00 a 14.00 horas en horario de mañá e de 18.00 a 21.00 horas en horario de tarde e o domingo de 11.00 a 14.00 horas.

Pilar Martínez, Departamento de Cultura