Ir o contido principal
iniciar sesión

O Forumáxico arrincará o 5 de setembro en A Coruña a tempada de teatro e arte en vivo

Este ciclo incluirá obras destinadas ás diferentes idades e “garantindo” con esta programación “bos espectáculos para toda a poboación”, segundo afirmou.

Forumáxico arrinca o sábado 5 de setembro coa actuación Mago Marco e o seu ‘Maxia en Familia’, un espectáculo, que o mago define como “súper moderno”, pensado para un publico desde os 0 anos até os 100. Continúa o sábado 12 de setembro co Mago Richard e o seu espectáculo ‘Maxia en Estado Puro’, onde maxia e comedia da man do teatro levaran ao público a parcelas totalmente descoñecidas da historia da maxia. A actuación ven acompañada con elementos procedentes doutras artes escénica, cunha importante presencia de fondos musicais, interaccións co público e gags procedentes do mundo clown, ademais doutra arte afín a maxia como é a globoflexia. Unha sesión de ilusionismo concibida especialmente para un público familiar. Unha mistura de maxia e fantasía con efectos sorprendentes, coa participación activa dos rapaces e as rapazas.

Martín Camiña visitará o Fórum o 19 de setembro con ‘Transformando o presente’, un espectáculo que mistura maxia e música e que conta coa participación do músico Álvaro Muras. Maxia e melodías pretenden alterar a realidade nun espectáculo cheo de efectos sonoros e emocións visuais. O ciclo remata o sábado 26 de setembro con ‘O fabricante de soños’, un espectáculo do Mago Romarís que presentará unha compilación dos seus mellores números, algúns dos cales son creacións propias.

O Forumáxico terá lugar os sábados 5, 12, 19 e 26 de setembro, ás 19.00 horas, no Fórum. As entradas, que teñen un prezo de cinco euros 12 euros o abono 3 familiar pódense adquirir no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 horas (Pagos en efectivo), no despacho de billetes Fórum, o día de función, desde unha hora antes (pagos en efectivo) ou a través dos servizos de televenta: 902 504 500 www.ataquilla.com.
Concello da Coruña