Ir o contido principal
iniciar sesión

A rede Jóvenes e Inclusión debate sobre a mocidade en risco, un risco para Europa

O encontro reunirá máis de 150 participantes do sector público, iniciativa cidadá e organizacións sociais, empresas e universidades. Todos os relatorios, actividades e comunicacións celebraranse no Centro de Innovación Cultural (CINC) da Cidade da Cultura de Galicia.

Esta actividade desenvólvese no marco do proxecto europeo financiado polo Programa EEA Grants ‘ Análise, avaliación e mellora dos procesos de intervención para a emancipación de mozos/as en dificultade e/ou risco’ no que participan catro equipos de investigación de referencia no campo da educación en España das Universidades de Girona, Illes Balears, Santiago de Compostela e UNED e entidades de recoñecida traxectoria especializadas en xuventude e emancipación como a Fundació Natzaret, Igaxes3, Opción 3 ou Servei Solidari.

Destaca o protagonismo de Igaxes3 como coordinadora do proxecto e a colaboración que esta entidade mantén dende hai tempo coa USC a través do convenio para o desenvolvemento do V Máster en Intervención e Emancipación de Mozos/as en dificultade e conflito social e a promoción de distintas iniciativas co Grupo de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea).
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)